domingo, 28 de octubre de 2012

O E de AGE


É certo que  AGE, a través de Anova, representa a unha boa  parte do nacionalismo galego.

Pero para moit@s, en cambio, a clave de AGE foi o E,  de esquerdas,  alternativa probablemente apoiada pol@s que, non sendo nacionalistas (entendendo o nacionalismo como independentismo),   pensamos  que o que Galicia necesita  é un goberno que defenda con decisión e sen "medias tintas" o estado de benestar e o dereito a un traballo digno e unha vida digna de todos os  galegos e as galegas.  

AGE sería a forza que obrigaría a un PSdeG, á deriva, perdido e sen referentes claros, a achegarse de novo a unha sociedade que o que necesita, máis que nunca,  é confiar na política e n@s políticos que @s representan.

Desgrazadamente, non foi posible un goberno que aglutinase a esquerda deste país. Pero a mensaxe está clara. 

É imprescindible un PSdeG totalmente renovado en ideas e persoas, forte, ben asentado na esquerda e disposto a chegar a acordos con outras forzas que representan  os mesmos valores e a mesma   sociedade que @s socialistas defendemos.

De non ser así  o futuro de Galicia será  moi 

diferente ao que moit@s soñamos. 

No hay comentarios: