domingo, 20 de enero de 2013

O camiño da liberdade

Tras ler un artigo no xornal Elpais.es sobre os Kibutz en Israel, busquei máis información sobre este tipo de sociedade comunal baseada na axuda mutua e na xusticia social. E atopeime cun marabilloso exemplo de vida en comunidade.Unha sociedade que se ocupa do fundamental: das persoas.
Un modo de vida baseado na democracia participativa e  fundamentado nos valores humanos máis esenciais:  a solidariedade,  a xusticia social, a  ecoloxía e a  liberdade. 
Son moitos @ moz@ israelitas que queren recuperar ese forma de vida. Xente idealista que cre verdadeiramente  que outro mundo é posible. 

   
Vídeo: De regreso al Kibutz                                 

A educación e a formación, a sanidade, as persoas maiores e a súa calidade de vida eran, non hai moito tempo, os pilares nos que se baseaba o noso proxecto de vida en común. Empezabamos a andar o camiño longo e non exento de obstáculos, pero ben marcado, que nos  levaría a convertirnos nunha sociedade máis aberta, máis democrática e máis xusta.
Agora tan só oímos falar de menos sanidade, menos educación e do desamparo dos maiores . Afastámonos das persoas, as abandonamos á súa sorte, as desprotexemos. Nos saímos das lousas douradas que marcaban o bo camiño. O da solidaridade, a  xustiza social, a ecoloxía, a democracia. O da liberdade.



No hay comentarios: