

sábado, 26 de septiembre de 2009
Sistema Educativo en Finlandia
domingo, 20 de septiembre de 2009
XUNTOS PODEMOS!!!

Pero vós sabedes quenes estábamos , como chegamos e que foi o decidimos alí.
Porque nos temen intentan dividirnos, desprestixiarnos, buscar nas nosas motivacións intereses persoais.
Pero é tan só porque NON cren na forza da cidadanía, porque NON cren na nosa capacidade para dicir non e loitar polos nosos DEREITOS.
Como moitos e moitas sabedes, eu fun unha das persoas que iniciou este movemento. Daquela era militante do PSOE e hoxe sígoo sendo.
Pero ante todo son unha cidadá comprometida e decidida a loitar por unha sociedade máis xusta e equilibrada. Unha sociedade fundamentada na xustiza social e a igualdade de opotunidades para todos e todas os cidadáns.
Xa ao día seguinte de que o Presidente Feijoo gañara as eleccións, o 2 de marzo de 2009, escribía un comentario a unha pregunta que se facía na Voz de Galicia (preme aquí).
Detrás da Plataforma hai un montón de miles de persoas que, coma mín e probablemente coma ti, non están dispostas a permitir un só paso atrás nas melloras educativas.
REIVINDIQUEMOS UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA GRATUITA E DE CALIDADE!!
domingo, 13 de septiembre de 2009
GRAZAS POBRA
jueves, 10 de septiembre de 2009
Imos a pola Educación Pública???

O ataque sen precedentes por parte da Administración Autonómica á Educación Pública Galega ven quebrar gravemente os pilares nos que se sustenta a todavía endeble calidade do noso sistema educativo.
A redución de recursos humanos, do número de mestres e profesores nos centros de ensino, supón unha volta atrás e contribúe á desmotivación do profesorado.
Que ninguén se engane. Reducir profesionales repercute directamente na calidade do ensino.
Hai casos sangrantes como o do Salustiano Rey Eiras, na Pobra. Ao reducir a plantilla non se poden levar a cabo os proxectos de seccións bilingües que a propia Conselleria ven de aprobar de xeito provisional .
Estaban plantexados tendo en conta a plantilla do curso 2008/09. Neste novo curso , ao reducir 2 profesores, é imposible por en marcha os proxectos previstos aínda que estean aprobados, xa que o profesorado non ten horario suficiente.
A redución de persoal tamén repercute na calidade de ensino do 1º ciclo de primaria, xa que os desdobres que se viñan facendo no centro, tan beneficiosos para os nenos e nenas de 1º e 2º curso, non son posibles sen persoal suficiente.
Pero, como se iso fora pouco, a plaza de orientador asignada á EEI “Fernández Varela” tamén foi suprimida. Parece que para a Consellería de Educación os alumnos de Educación Infantil do noso concello son cidadáns de segunda.
Eso é o que hai.
E se alguén non o cre, que vaia aos centros e pregunte.

Esto sí que é ter bo rollo!!!!
jueves, 3 de septiembre de 2009
jueves, 30 de julio de 2009
O préstamo é solidario, pedagoxico e económico.

Esta ex-concelleira socialista, mestra de profesión, quixera aclarar algunhas cousas a todos aqueles que consideran que é unha persoa egoísta e sen valores morales.
1º Dende o meu punto de vista o préstamo é solidario, pedagóxico e económico.
E iso é o que defendo xunto cuns cantos miles de pais e nais na Plataforma Galega Pola Gratuidade.
2º Nestes últimos anos ningunha familia galega tivo que pagar os libros de texto. E non o tiña que facer porque nos centros prestábanlle os libros para todo o curso escolar. Ninguén lles preguntaba pola renda. Nos colexios todos os nenos eran iguais e usaban os mesmos libros. En préstamo.
De feito, o meu fillo este ano usou uns libros que xa foran usados os tres anos anteriores e os libros estaban en moi bo estado.
O préstamo funcionaba e funcionaba moi ben.
3º A partir deste curso, a maioría das familias galegas van ter que pagar polos libros. Só 25 de cada 100 recibirán os libros totalmente gratis, o resto terá que pagar ou a totalidade ou parte do custo dos libros.
4º Sen dúbida, as familias de rendas altas e ,dende logo,todas as que ingresen 75000 euros ou máis poderían pagar os libros dos seus fillos. Pero ¿que facemos coas familias de rendas medias, a maioría das familias galegas, que teñen dificultades para mercar os libros de texto pero que non entran na gratuidade?
A partir de agora todas as familias de 4 membros que ingresen anualmente máis de 22000 euros terán que pagar parte do custo dos libros de texto, libros que, ata o de agora lle saían totalmente gratis.
E as que gañen máis de 36000 terán que pagar pola totalidade dos libros dos seus fillos.
5º O único que se consigue coa gratuidade solidaria que pretende impoñer o PP e aumentar o gasto das familias galegas, nun mes ademais especialmente difícil porque ademais dos libros hai que comprar o material escolar, roupa calzado,etc.
6º A proposta de pagar libros de texto en propiedade a todas as familias que o necesitan é totalmente inasumible polas arcas galegas. E o feito de ter a uns nenos cos libros prestados(os de rendas baixas e medias) mentres os de rendas altas chegan cos seus libros en propiedade podendo facer deles o que lles pete, non parece moi xusta, nin pedagóxica, nin solidaria.
7º Ao final, para que a maioría non teña que pagar polos libros, o mellor é o préstamo para todos. Co préstamo, con cada libro de texto estudan 4 nenos en 4 anos consecutivos.
E funciona, os que o experimentamos sabemos que funciona.
8º O sistema de préstamo non é caro xa que mercar libros en préstamo para todo alumnado galego non sairía máis caro que mercar libros en propiedade para o 25% dos nenos e nenas galegos. É matemática simple.
viernes, 17 de julio de 2009
Nin máis barato, nin máis solidario, nin máis progresista.
Dende un punto de vista económico, os aproximadamente escasos 50 euros por neno e ano que viña investindo a Consellería de Educación na gratuidade por préstamo, non xustifican a adopción dunha medida deste calado.
A supresión da gratuidade universal só ven perxudicar ás familias galegas.
Ata o de agora, cada 4 anos , de cada 100 libros pagados con fondos públicos se beneficiaban 400 nenos.
A partir de agora, cada 4 anos, de cada 100 libros pagados con fondos público só se van beneficiar 100 nenos.
martes, 7 de julio de 2009
REACCIONEMOS

Ata o de agora todas as familias tiñan o dereito a recibir sen custo algún os libros de texto para os seus fillos. Todos e todas podíamos beneficiarnos do préstamo.
Agora hai que demostrar que a renda familiar é baixa para conseguir a mal chamada gratuidade solidaria.
E os libros pasan de ser compartidos durante catro anos a ser esquecidos nos faiados das casas ou queimados en San Xoán.
É un retroceso sen precedentes. Pero pode converterse no precedente doutros retrocesos. O transporte escolar non distingue rendas, nin as axudas aos comedores escolares.
Segundo o Conselleiro, a Consellería é deficitaria nestes dous apartados.
Parece que Galicia, unha das Comunidades Autónomas con rendas máis baixas, vai pasar de ser a comunidade na que a volta ao colexio era a máis barata, a unha das que teña o setembro más caro de toda España.
Pero nesta medida hai moita hipocresia. Hai moita demagoxia e, dende logo, moita ideoloxía.
Para convencer á cidadanía, o goberno fala de medida progresista, medida de igualdade e solidariedade. Fala de pobres e de ricos. De novo. Cando todos sabemos que a renda media galega está aínda moi por debaixo da media española.
O goberno escúsase nunha minoría de rendas altas, para sacarlle un DEREITO a todos os galegos e a todas as galegas, xa que a grande maioría das familias terán que pagar o todo ou gran parte do custo dos libros de texto.
Ese si que é un imposto indirecto. Un imposto que imposibilitará a moitas familias encarar un setembro tranquilo.
Total para non aforrar nada.
QUE SAIBAN QUE SOMOS MOITOS!!!
XUNTOS PODEMOS!!!
viernes, 3 de julio de 2009
OS AMIGOS
sábado, 27 de junio de 2009
PLATAFORMA GRATUIDADE
A educación é un dereito de todos os nenos e nenas galegos. A gratuidade de libros de texto a través do préstamo é un dereito adquirido que non estamos dispostos a perder.
Nón é verdade que a Xunta aforre cartos coa medida. Se ata o de agora un libro valía para catro nenos, non pode ser que a Xunta gaste menos mercando libros en propiedade para o 60 % dos nenos galegos. Nos están enganando.
Os galegos volveremos a pagar os libros. Todos ou a grandísima maioría.
Atentan contra os nosos dereitos e non o vamos consentir.
En Galicia estámonos a mobilizar. Moitos galegos e galegas estamos asinando en contra desta medida e a favor da gratuidade.
Todos os interesados podedes poñervos en contacto connosco a través desta dirección de correo electrónico.
plataformagratuidade@gmail.com
domingo, 21 de junio de 2009
Na defensa da gratuidade dos libros de texto
viernes, 19 de junio de 2009
Os libros non son dos nenos. Son dos centros de ensino.
É urxente que lles digamos a todos e a todas que nos están enganando.
Os libros non son dos nenos. Os libros son dos centros educativos.
As familias non son propietarias dos libros de texto, senón que, como se de bibliotecas se tratase, os centros educativos, o que fan, é prestar os libros ás familias durante o curso escolar, para que estas non os teñan que mercar.
Todos os libros son do centro educativo e os nenos teñen que responsabilizarse de tratalos ben e de non pintalos, nin estragalos e son usados polo alumnado do centro ao longo de 4 anos consecutivos, ou sexa, cada libro é usado por 4 nenos durante catro cursos escolares. (A excepción son os libros do 1º ciclo, que son funxibles, polo que os nenos os poden levar á casa.)
Non hai diferenzas entre os nenos. Non hai nenos ricos e pobres, uns con libros prestados e outros mercados pola familia. Todos son iguais. Todos usan os libros de todos.
E funciona. Funciona moi ben.
As familias están contentas e os nenos aprenden a non estragar os libros, a coidalos e a compartilos.
A quen queren enganar? De que nos queren convencer?
Canto queren aforrar? A costa de que? A costa de quen?
A gratuidade dos libros de texto supón, é certo, un aforro para todas as familias galegas, con máis recursos e con menos recursos.
Pero vai moito máis alá. Entende que os libros forman parte do sistema educativo público e obrigatorio.
Non tería sentido que, nas aulas, os libros distinguiran entre familias de rendas altas e baixas. Non tería sentido que uns libros se puideran subliñar e marcar e outros non.
O aforro non o xustifica.
Poderiamos entender que a Xunta decidira alongar durante dous anos máis a vida dos libros mercados durante estes anos para así aforrar en época de crise.
Mesmo podería ser que do que se tratase fora de que os nenos recibiran os libros en propiedade e non tiveran que compartilos ao ano seguinte, pero economicamente non tería sentido, a non ser que só recibira libros en préstamo unha cuarta parte do alumnado galego. O que supón que a maioría das familias, as tres cuartas partes, tería que mercalos.
O intolerable sería eliminar a gratuidade poñendo de manifesto nas aulas as rendas das familias dos nenos.
Quen son as rendas baixas e medias en Galicia?
A maioría.
De que aforro estamos a falar realmente? Ou é que a maioría dos galegos e as galegas teremos que volver a mercar os libros?
Por outro lado, a gratuidade de libros de texto beneficia claramente ao pequeno comercio, xa que moitos dos pais encargan os libros nas librerías que teñen preto e non van ás grandes áreas tratando de buscar un prezo máis barato.
Dende o meu punto de vista, o que está propoñendo o PP supón un retroceso imperdoable.
martes, 16 de junio de 2009
martes, 9 de junio de 2009
lunes, 8 de junio de 2009
COMPETENCIA LINGÜÍSTICA
¿Son quen os mozos e mozas galegas ao rematar a ESO de expresarse dun xeito fluído, oralmente e por escrito, tanto en galego coma en castelán?
¿Non debería ser esa unha das maiores preocupacións das autoridades educativas galegas?
¿O noso o problema é, realmente, que lingua usan os nosos nenos como vehicular en cada unha das materias?
O problema non está en que os nenos non comprenden as materias nunha ou outra lingua. Sobran experiencias educativas que o demostran si se queren analizar.
En Galicia levamos moitos anos traballando con plans de normalización aprobados nos distintos centros educativos sempre co visto bo da Consellería.
Polo que o que tería que facer o goberno é analizar polo miúdo os resultados deses plans de normalización lingüística e sacar conclusións.
Son moitos xa os mozos castelán ou galego falantes escolarizados en galego con plans chamados de choque que xa remataron o ensino obrigatorio. Analicemos cal é a súa competencia lingüística nas dúas linguas.
Tamén son moitos os alumnos e alumnas que sendo galego ou castelán falantes remataron a ESO sendo escolarizados basicamente en castelán e co galego unicamente como asignatura. Vexamos cal é a súa competencia lingüística en ambas as dúas linguas.
O sistema educativo debe garantir que se acaden os obxectivos descritos na nosa Lexislación Educativa.
Sen dúbida todos e todas temos dereito a opinar. Pero sobre todo temos a obriga de esixirlles aos nosos gobernantes que tomen decisións baseándose nos datos obxectivos dos que dispoñen e non na opinión máis ou menos formada duns pais moi ben intencionados pero que descoñecemos, en moitos casos, cales son as esixencias a nivel lingüístico da nosa lexislación.
O problema non radica na lingua na que traballan os alumnos e alumnas galegas as distintas materias, do que se trata é de que o sistema educativo vele porque todo o alumnado galego sexa verdadeiramente competente en ambas linguas ao remate da escolarización obrigatoria.
domingo, 7 de junio de 2009
EXPLOSIÓN DE CREATIVIDADE E COR

Paraugas de todas as cores e materiais, con mensaxes, con debuxos, penduraban dos teitos da sala ou descansaban inspiradores nun rincón. Distintas composicións escultóricas feitas de caixas de cartón decoradas presentaban as obras de arte realizadas polos pequenos artistas protagonistas do evento. Moitas delas verdadeiras obras de arte en si mesmas. Retratos feitos polos propios nenos expresando enfado, alegría, paixón, reflexión, concentración. Miradas. Mans. Pés. Orellas. Bocas. Nenos e nenas.
Impresionante. Diferente. Estimulante. Motivador.
Non se trata tan só da exposición duns traballos feitos por unhas nenas e uns nenos, vai máis alá.
Decía Man

E tiña razón. Todos os traballos forman parte dun todo artístico que transmite no seu conxunto e non dun xeito individual. Unha obra de arte feita de obras de arte. Explosiva. Transmisora de forza. De positivismo. De ilusión. De alegría e imaxinación.
Parabéns ás mestras, pola idea, polo esforzo, polo proxecto, polo traballo realizado, pola súa imaxinación e a súa paciencia.
Parabéns ao artista, asesor e director artístico da obra, Manuel Teira, creador polifacético que, neste caso, foi quen de transmitirlles aos pequenos o amor pola arte conseguindo que transmitisen sen censuras todo o que tiñan dentro.
Parabéns aos pequenos artistas, os verdadeiros creadores destas obras de cor e ilusión.
Aproveito ademais para animar ao señor alcalde e ao seu equipo de goberno a que apoien este tipo de proxectos dende o concello en vez de adicarse a enterrar obras de arte como a do estanque do Castelo.
Neste tipo de talleres vale realmente a pena inverter.
Son proxectos que estimulan a creatividade dos nenos e o gusto pola beleza e a arte.
miércoles, 3 de junio de 2009
sábado, 30 de mayo de 2009
OS POBOS NON SE IMPROVISAN, PLANIFÍCANSE
Os cidadáns e as cidadás debemos esixirlles aos políticos que nos representan que nos conten, que nos expliquen os seus proxectos.
É imprescindible que se realice unha análise profunda da situación de partida, dos recursos cos se conta e das carencias que se pretenden cubrir.
Cómpre o deseño de proxectos que permitan á cidadanía visualizar como será o seu pobo a 10 anos vista: as infraestruturas, os servizos, as posibilidades de emprego, o desenvolvemento do comercio, do rural, turístico. O enfoque ten que ser global e responder a obxectivos de modernización, desenvolvemento económico e comercial e mellora da calidade de vida de todos os cidadáns, tendo en conta que todos estes parámetros están totalmente relacionados polo que deberían abordarse tanto directamente como dun xeito transversal.
Debemos esixirlles aos políticos que nos presenten plans ambiciosos que nos fagan ver as posibilidades de modernización e desenvolvemento da vila na que vivimos, especificando as prioridades, os obxectivos a acadar a curto, medio e longo prazo.
A nosa vila é o entorno no que no medramos en todos os aspectos e debe dar respostas a moitas das nosas necesidades: a atención dos fillos, dos maiores, a calidade educativa, a conciliación da vida laboral e familiar, as posibilidades de traballo, a desenvolvemento dos xoves, a formación permanente, o desenrolo dixital, a calidade dos servizos básicos, o apoio aos emprendedores e ás emprendedoras.
Hoxe en día non podemos consentir que o futuro dos nosos pobos responda á improvisación e ás ocorrencias de quen non ten as cousas claras.
Un pobo con futuro é un pobo que ten claras as súas metas e segue un plan ben deseñado e elaboralo para conseguilas.
domingo, 24 de mayo de 2009
viernes, 22 de mayo de 2009
EL SILENCIO
El silencio lo ocupa todo
Llena los espacios
Todos los rincones de tu calma
El silencio
El silencio lo borra todo
Los momentos de alboroto y de baranda
El silencio
El silencio suena ronco
En sollozos una profundidad que espanta
El silencio
Te acostumbras al silencio
En silencio buscas la verdad del alma.
El silencio
El silencio
Y la palabra
viernes, 24 de abril de 2009
SR. ALCALDE, NON SE DESCENTRE
A verdade é que sorprende moito que esa sexa a súa primeira e máis importante reivindicación ao recén estrenado goberno da Xunta.
Realmente ...é esa unha obra prioritaria???
Dende o meu punto de vista, non se entende a insitencia do alcalde en refacer noutro solar o centro de saúde.
E non se entende porque, a día de hoxe, aínda non conseguiu nin a financiación, nin a ubicación axeitada para a Gardería Municipal, servicio de 1ª necesidade para moitas familias do noso Concello.
Porque non se lle oeu un só comentario sobre cando vai comezar a construcción do moi necesario Centro de Día da Pobra. Sen dúbida, as familias con maiores dependentes a cargo, sentiríanse moito máis tranquilas se poideran contar, a curto prazo, cun centro no que os seus maiores se mantiveran ocupados realizando actividades adaptadas á súa idade e problemática baixo a vixiancia e atención de persoal especializado.
Porque os nosos xoves non dispoñen de instalacións nas que reunirse, nas que poder levar a cabo á súas inquedanzas e proxectos. Non temos nin proxectada unha Casa da Mocidade.
NON, O CENTRO DE SAÚDE NON É UNHA INVERSIÓN NIN IMPRESCINDIBLE NIN URXENTE..
Porque xa temos un centro de saúde que funciona.
E porque xa levamos moitos anos de retraso.
Sr alcalde, céntrese no seu traballo, adíquese a mellorar realmente a calidade de vida das familias da Pobra e déixese de tolerías.
Os pobrenses, a día de hoxe, temos necesidades máis urxentes que un novo centro de saúde, máis bonito e máis moderno. O que queremos é que o noso centro de saúde funcione co persoal e os servicios sanitarios necesarios.
PERO...ESTE É O MOMENTO DA GARDERÍA E DO CENTRO DE DÍA, e o de dar respostas ás necesidades da nosa MOCIDADE.
Sr, alcalde, NON SE DESCENTRE.
domingo, 19 de abril de 2009
Rita Levi Montalcine
viernes, 17 de abril de 2009
Na escola, en galego o 50%
.jpg)
Diríxome á Galicia madura, segura e orgullosa de si mesma, sen complexos. Diríxome á Galicia que, en castelán ou en galego, é quen de defender a súa lingua propia, o seu legado. Á Galicia da costa e á Galicia do interior. Á Galicia do rural e á das cidades.
Diríxome a esa Galicia libre de medos. Á Galicia que entende que o galego non é un obstáculo para a educación dos seus fillos e das súas fillas, senón que é un privilexio.
Á Galicia que sae polo mundo, á que viaxa co galego na maleta, á Galicia da morriña, á dos ríos e das fontes, á dos queixumes dos pinos, á Galicia dos bos e dos xenerosos, esa Galicia, a que proclama o galego máis alá dos mares e dos montes.
Diríxome a todos e a todas os que aman a súa terra, aos que falan en gallego, aos que falan castelán e ás veces en galego e mesmo aos que din que nunca falan o galego.
A todos e a todas as galegas. Aos que amamos a Galicia e ao galego.
Porque os que medramos en castelán, queremos medrar tamén en galego.
Porque os que soñamos en castelán, queremos soñar tamén en galego.
Porque os que vivimos en castelán, queremos vivir tamén en galego.
Porque os que aprendemos en castelán, queremos aprender tamén en galego.
E porque a escola normaliza o bilingüismo.
E porque en galego tamén podemos

DEFENDAMOS O GALEGO
NA ESCOLA, EN GALEGO O 50 %
sábado, 11 de abril de 2009
APOSTEMOS POLA CASA DA XUVENTUDE


(Na entrada do día 5 de abril aparece un comentario relativo á posible ubicación da casa da xuventude).

jueves, 9 de abril de 2009
En un sueño
martes, 7 de abril de 2009
Casa da Mocidade. Enquisa.
Convencida de que é necesario implicarse para conseguir que a nosa vila mellore, decidín incluir esta enquisa no meu blogue coa idea de coñecer o punto de vista todos e todas os que vos pasades por aquí de cando en vez.
Invítovos a participar co voso voto.
Ademais, se queredes, podedes facer algún comentario nesta entrada.
Pinchade na fachada deste edificio e veredes como é a Casa da Xuventude de Silleda.
E a nosa xuventude....Por que eles non?

lunes, 6 de abril de 2009
Pregnant and poor
domingo, 5 de abril de 2009
CASA DA XUVENTUDE

A través do blogue do IES da Pobra (http://atabarradixital.blogaliza.org/) pódese apreciar gran parte do talento dos xoves e das xoves do noso concello.Entre eles e entre elas hai: escritores, poetas, científicos, debuxantes, fotógrafos, deseñadores, músicos, deportistas…. Son tantas as súas inquietudes!Teñen tanto que aportar!!!Cada ano que pasa faise máis necesario un lugar que se constitúa no punto de encontro e centro de información da nosa xuventude.Un lugar que proporcione espacios de interrelación e de dinamización sociocultural entre a nosa población xuvenil.Un lugar a través do que a xuventude poda implicarse na programación das súas propias actividades de ocio e tempo libre.Un lugar que favoreza a participación xuvenil a través do fomento ao asociacionismo xuvenil.

Unha CASA DA XUVENTUDE para a Pobra do Caramiñal.Hai xa varios anos, algúns críamos que na antiga Ayundantía de Marina, algún día, se ubicaría a tan desexada por moitos ”Cada da Xuventude”. E de feito, cando o goberno da Pobra decidiu derrubar o edificio e construir no seu sitio o Centro para Atención Integral á Discapacide (CAD), tiven unha dobre sensación. Por un lado, pareceume unha boa idea que a Pobra contase cun centro integral para discapacitados, pero por outro lado, lamentei moitísimo que se derrubara un edificio que xa formaba parte da historia da nosa vila e que tan ben podería convertirse no cada vez máis imprescindible punto de encontro da nosa xuventude.É certo que son moitas as necesidades. Os nosos nenos esperan por unha gardería municipal e o centro de día debería estar xa atendendo aos nosos maiores.Pero non é menos certo que, no noso concello, temos á xuventude totalemente abandonada.

Kaori. Unha gran artista

miércoles, 1 de abril de 2009
Fotos antigas da Pobra
NAVEGANDO POR YOUTUBE
ATOPEIME CON ESTAS FOTOS ANTIGAS DA POBRA.
MERECE A PENA BOTARLLE UNHA OLLADA.
CANTO ENCANTO!!!
Rita y el fusil(1967)
viernes, 20 de marzo de 2009
EPIGENÉTICA

Ineresantísimo este vídeo sobre EPIGENÉTICA por Manel Estellés.
Os recomiendo la entrevista que le hace Pere Estupinya en su blog.

miércoles, 18 de marzo de 2009
jueves, 5 de marzo de 2009
SUMEMOS O GALEGO
Traballo dende hai máis de doce anos no ensino. Son mestra de Educación Primaria. E dende o primeiro ano que empecei a traballar, traballei case exclusivamente en galego. Durante dous mandatos de Fraga e un de Touriño, traballei en galego tanto en Aguiño como na Pobra do Caramiñal e os meus fillos foron escolarizados en galego, sendo ambos castelán falantes ao igual que o son eu.
Nas vilas galegas leva impoñéndose, como din algúns, o galego dende hai moitos anos. E a verdade é que gracias a esas medidas, que eu mesmo ao principio non entendía, é posible que agora toda unha xeración de xoves sexan quen de escribir e falar en galego e en castelán sen problemas.
Non restaron. Sumaron. E agora son LIBRES para elexir a lingua que queren usar en cada momento porque son competentes en ambas linguas.
Síntome orgullosa de que os meus fillos poidan elexir a lingua na que queren expresarse en cada momento ao teren compertencia nas dúas. Agora aspiro a que a teñan tamén en inglés.
Eso, señores e señoras, si que é liberdade.
Sumemos. Restar o galego non é máis que renunciar á liberdade de poder elexir.
Publicado na Voz de Galicia. Cartas ao Director o luns, 06 de marzo de 2008.
martes, 3 de febrero de 2009
UNHA BOA XESTIÓN
A enfermidade, a dor, non entenden de esperas. A lista de espera, para quen a sufre, non ten xustificación . Produce frustración, impotencia e ,ás veces, mesmo medo, nos enfermos e as súas familias.
Facelo ben en sanidade non é fácil. Cada enfermo que ten que esperar máis do que se considera razoable para ser diagnósticado ou incluso operado síntese defraudado polo sistema sanitario e o considera un fracaso.
Para facer desaparecer as listas de espera e para mellorar a calidade asistencial hai que invertir en Sanidade o que significa invertir en dotación hospitalaria, equipos, persoal sanitario e infraestructuras. Pero ademais hai que xestionar ben todos os recursos, humanos e materiais.
O Hospital Comarcal do Barbanza é un exemplo de boa xestión. Rosario Vázquez e o seu equipo, co o apoio do Consellería de Sanidade, conseguiron modernizar o noso hopital e convertilo nun referente da Sanidade Pública.
Neste tres últimos anos puxéronse a funcionar o Servicio de Cardioloxía, a unidade se Psiquiatría e a de Hospitalización a Domicilio (Hado).
Ademais estreáronse as dúas unidades móbiles de resonancia magnéticas, tecnoloxía que permite comunicación directa cos especialistas do Hospital Meixoeiro de Vigo. Esta tecnoloxía supuxo que se poidera adiantar o diagnóstico dun número non pouco elevado de pacientes que antes tiña que facer a proba en Santiago e esperar entre nove meses e un ano en lista de espera.
Levouse a cabo a climatización da zona de hospitalización, unha obra, por certo, moi necesaria.
Ensancháronse as portas para que pasaran as camas, cambiáronse as tuberías, adaptáronse os aseos para minusválidos, aumentou o número de consultas…e o helipuerto é xa practicamente unha realidade.
Por outro lado, o persoal é agora estatutario polo que as súas concidións laborais e salariais de seguro terán mellorado.
O hospital do Barbanza foi, ademais, elexido como un dos centros piloto do “Plan de Atención á Saúde da Muller” do que nos alegramos todas as mulleres da comarca.
Fálase xa da unidade de oncoloxía, e non dubido que, con esta xerencia, pronto será unha realidade.
Nin o parlamentario popular Manolo Ruíz, ante tales evidencias, pode cuestionar seriamente as melloras que se levaron a cabo no Hospital Comarcal nestes tres últimos anos.
Queda moito por facer, é verdade. Pero vamos polo bo camiño.
sábado, 10 de enero de 2009
DE LA BUENA EDUCACIÓN
Es imposible leer su libro sin inmutarse.
Siendo ambos docentes, tenemos puntos de vista radicalmente distintos sobre cómo debe funcionar un buen sistema educativo. Es cierto que trabajamos en etapas educativas muy diferentes, soy maestra de Educación Primaria, pero eso no justifica en absoluto que nuestras visiones sean prácticamente opuestas.
La crítica feroz hacia los pedagogos y hacia la pedagogía en general, me ha dejado totalmente desconcertada. Se me hace difícil entender que haya profesores que desprecien la importante labor que realizan o deberían realizar los orientadores y las orientadoras en los centros educativos y que rechacen la pedagogía y la psicopedagogía como ciencias que ayudan a los docente en su quehacer diario ofreciéndonos estrategias y métodos de trabajo que en no pocos casos pueden rescatar a un niño o a un joven de una situación cercana al fracaso escolar.
Pretender que nuestra escuela no es un reflejo de nuestra sociedad, es negar una realidad evidente. De hecho, la crisis de valores que que vive nuestra sociedad se percibe directamente en la escuela. La falta de motivación, la falta de autoestima, la falta de interés general, la apatía, la dejadez, la poca tolerancia a la frustración, los problemas de conducta.… son problemas con los que se encuentra la escuela actual.
Coincido con el profesor Moreno en que “si la misión de la escuela consiste en mejorar la sociedad mejorando a los ciudadanos, hay que concebir ésta como un lugar donde no se valoran muchas modas y comportamientos que sí tienen gran predicamento fuera de ella”. Lo que no entiendo es como pretende el profesor influír en los comportamientos de sus alumnos y de sus alumnas si no es a través de técnicas desarrolladas en el campo de la pedagogía y la psicología . Técnicas de modificación de conducta como la de economía de fichas, el time-out, las técnicas de relajación o las de aislamiento, entre otras, pueden aportarnos soluciones a problemas que tal vez de otra manera no podríamos abordar y contribuir verdaderamente a mejorar la sociedad.
Por otro lado el profesor Ricardo Moreno considera que “si a partir de los 12 años un niño quiere aprender un oficio para entrar cualificado en el mercado laboral, debe ser respetado y se le deben proporcionar los medios para aprender el oficio que elija”.
Perverso sería, desde mi punto de vista, invitar a nuestros niños y niñas de tan solo 12 años a abandonar el sistema sin ofrecerles, al menos, una oportunidad de futuro. Plantear su expulsión del sistema educativo como una demostración de respecto hacia sus intereses me parece además una gran hipocresía.
Considero, en cambio, que las opciones de agrupamientos flexibles que nos ofrece nuestro sistema educativo son soluciones que dan a nuetros jóvenes más posibilidades de futuro. A fin de cuentas, tiempo tendrán de aprender un oficio teniendo en cuenta que la edad mínima para empezar a trabajar son los 16 años.
Publicado en la voz digital.
jueves, 8 de enero de 2009
EDUCACIÓN EN GALICIA. PASO DE XIGANTE
ASSISTANTES MATERNELLES
En Francia, ademais da garderías infantís, existen outras alternativas para axudar ás familias no coidado dos cativos. Son as chamadas Assistantes Maternelles.
Algunhas familias optan por este tipo de servicios e deixan aos seus fillos e fillas ao coidado destas "assistentes" que están acreditadas e coa formación axeitada para atender a cativos de 0 a tres anos e cuxos domicilios deben cumprir uns requisitos oficiais no referente a seguridade, saúde, hixiene...
Este tipo de solucións crea postos de traballo e aposta pola conciliación laboral e familiar.
A atención dos cativos é moito máis personalizada que nunha gardería, xa que o número de nenos e nenas a cargo da "assistante" está limitado a tres ou catro, dependo dos casos, e por outro lado é unha maneira de crear máis postos de traballo.
Ademais aposta pola conciliación da vida laboral e familiar xa que en moitos casos as persoas que optan por coidar outros nenos e nenas no seu domicilio atenden ao mesmo tempo aos seus propios fillos, en moitos casos bebés.
Dende o meu punto de vista é un tema moi interesante. Non sei se podería ser extrapolable tamén a Galicia.
Carta publicada en Cartas ao Director na Voz de Galicia o 22 de xaneiro de 2009.