martes, 3 de febrero de 2009

UNHA BOA XESTIÓN

Carta publicada na Voz de Galicia o día 14 de febreiro. Buzón do lector. Barbanza.

A enfermidade, a dor, non entenden de esperas. A lista de espera, para quen a sufre, non ten xustificación . Produce frustración, impotencia e ,ás veces, mesmo medo, nos enfermos e as súas familias.

Facelo ben en sanidade non é fácil. Cada enfermo que ten que esperar máis do que se considera razoable para ser diagnósticado ou incluso operado síntese defraudado polo sistema sanitario e o considera un fracaso.

Para facer desaparecer as listas de espera e para mellorar a calidade asistencial hai que invertir en Sanidade o que significa invertir en dotación hospitalaria, equipos, persoal sanitario e infraestructuras. Pero ademais hai que xestionar ben todos os recursos, humanos e materiais.

O Hospital Comarcal do Barbanza é un exemplo de boa xestión. Rosario Vázquez e o seu equipo, co o apoio do Consellería de Sanidade, conseguiron modernizar o noso hopital e convertilo nun referente da Sanidade Pública.

Neste tres últimos anos puxéronse a funcionar o Servicio de Cardioloxía, a unidade se Psiquiatría e a de Hospitalización a Domicilio (Hado).

Ademais estreáronse as dúas unidades móbiles de resonancia magnéticas, tecnoloxía que permite comunicación directa cos especialistas do Hospital Meixoeiro de Vigo. Esta tecnoloxía supuxo que se poidera adiantar o diagnóstico dun número non pouco elevado de pacientes que antes tiña que facer a proba en Santiago e esperar entre nove meses e un ano en lista de espera.

Levouse a cabo a climatización da zona de hospitalización, unha obra, por certo, moi necesaria.

Ensancháronse as portas para que pasaran as camas, cambiáronse as tuberías, adaptáronse os aseos para minusválidos, aumentou o número de consultas…e o helipuerto é xa practicamente unha realidade.

Por outro lado, o persoal é agora estatutario polo que as súas concidións laborais e salariais de seguro terán mellorado.

O hospital do Barbanza foi, ademais, elexido como un dos centros piloto do “Plan de Atención á Saúde da Muller” do que nos alegramos todas as mulleres da comarca.

Fálase xa da unidade de oncoloxía, e non dubido que, con esta xerencia, pronto será unha realidade.

Nin o parlamentario popular Manolo Ruíz, ante tales evidencias, pode cuestionar seriamente as melloras que se levaron a cabo no Hospital Comarcal nestes tres últimos anos.

Queda moito por facer, é verdade. Pero vamos polo bo camiño.