domingo 21 de agosto de 2011

PARÁBOLA de León Felipe

Había un hombre que tenía una doctrina.
Una doctrina que llevaba en el pecho;
una doctrina escrita que guardaba
en el bolsillo interno del chaleco.

Y la doctrina creció, creció, creció.
Y tuvo que meterla en un arca,
en un arca como la del Viejo Testamento.
Y el arca creció, creció, creció.
Y tuvo que llevarla a una casa muy grande.
Entonces nació el templo.
Y el templo creció, creció, creció.
Y se comió al arca,
y se comió al hombre
y a la doctrina escrita que guardaba
en el bolsillo interno del chaleco.
Luego vino otro hombre que dijo:
El que tenga una doctrina que se la coma,
antes de que se la coma el templo;
y que su cuerpo sea bolsillo, arca y templo.


León Felipe

http://youtu.be/heRWkjR-XXY

viernes 8 de abril de 2011

TOCA CAMBIO

Isaac Maceiras sempre di que A Pobra debería convertirse na Praia de Compostela. Eu, en cambio, o que penso, é que a Pobra no que se debería convertir é no ideal de vila na que calquera familia compostelá desexara afincarse. Levamos xa moitos anos facendo investimentos que non fan medrar o pobo, sen darnos conta de que a nosa vila só vai medrar se destaca no que respecta aos servizos á cidadanía. Aí é onde a Pobra pode e debe marcar a diferencia. Investir en mellorar os centros de ensino tanto nas súas infraestruturas como no que respecta á dotación de recursos que potencien o uso das novas tecnoloxías e a aprendizaxe de linguas estranxeiras. En mellorar e ampliar as instalacións deportivas. En recuperar a morea de marabillosos sendeiros que percorren dun lado a outro. En recuperar o mercado municipal dos domingos (ou talvez para o sábado como parece que propón algún partido político local) que contribuía a potenciar o comercio e a hostelería local. Na tan demandada gardería, ten esquecida polos gobernos Maceiras e que tanto facilitaría a vida de moitas familias xoves. En servizos que aposten pola conciliación da vida laboral e familia e que sexan asequibles para as familias; almorzos saúdables, comedores escolares, ... En posibilitar o acceso á rede a calquera vivenda independentemente de onde estea ubicada. En acondicionar cos servizos básicos as aldeas da vila para facelas aínda máis atractivas. Levamos anos invertindo en pedras e cemento e non nos da resultado. Toca CAMBIO. Toca mellorar a calidade vida d@s pobrenses mellorando e ampliando os servizos e as infraestruturas de carácter público. Será bo para tod@s @s que vivimos na Pobra pero ademais poderiámonos convertir nunha alternativa na que afincarse unha chea de familias que prefiran mercar casa nunha aldera pobrense que vivir nun piso ás aforas da capital de Galicia. Podería ser o lugar de residencia de moit@s traballadores composteláns. Por que non?

lunes 28 de febrero de 2011

Convirtamos A ESCOLA nun tema prioritario para o goberno da Pobra

Tomemos en serio a escola. O futuro d@s nos@s fill@s empeza no seu prensente, que ninguén se equivoque.

En tres meses vai haber eleccións municipais. Vannos falar de moitas cousas. Pidámoslles que tamén nos falen da escola. Que nos digan que van facer para mellorar os centros de ensino aos que acuden @s nos@s fill@s, sobriñ@s. net@s,...

Dende a comunidade educativa da Pobra levamos anos pedindo melloras. Melloras nas infraestructuras, e tamén melloras na conservación e mantemento das instalacións.

En moitas ocasións nos atopamos con que @s polític@s se pasan a pelota aludindo a que “a competencia é doutra institución” e os problemas non se resolven.

Nun concello do século XXI non se pode permitir que os centros de ensino non teñan nin conexión a Internet nin dispoñan dun cañón (proxector) e un ordenador en todas as súas aulas. A metodoloxía de traballo cambia moitísimo se se conta cos recursos axeitados. Non é igual dispoñer tan só dun encerado tradicional que presentar as distintas materias en formato dixital apoiados por imaxes , vídeos, presentacións power point,... Se ademais se conta con encerados dixitais as posibilidades son moitísimo maiores .

Neste concello a EDUCACIÓN non é unha prioridade. Non se fala de educación. É un tema que non interesa cando, en realidade, é un tema que afecta a absolutamente todas as familias da Pobra.

Gastar en pedras e flores o que se podería gastar en dotar de conexión a internert todas as aulas nas que aprenden @s nen@s e xoves da Pobra é un erro que dende logo vai ter consecuencias.

A ESCOLA será unha prioridade se nós o esiximos. Esixámolo.

Que non nos enganen. Se hai cartos para o que non é importante, ten que habelos para ao imprescindible.

domingo 26 de diciembre de 2010

¡Todos de vinos!

Por Alberto García
En estos momentos de crisis económica cuando la demanda interior no acaba de despegar y es incapaz de convertirse en motor de nuestra economía, necesitamos de nuevas ideas que nos den el impulso adecuado. Las grandes compañías recortan gastos empezando por el recorte en el empleo, lo que a su vez impide mover el consumo. La inversión en ladrillo se ha convertido en una rémora para el país, y amenaza la estabilidad financiera de bancos y cajas. De rebote dificulta la supervivencia de pequeñas y medianas empresas que se ven limitadas de crédito. Es imprescindible que el dinero fluya y que la economía se mueva; pero, ¿en qué dirección?. Nuestra antigua primera empresa nacional y motor económico, el ladrillo, ya no es capaz de generar empleo. Nos queda nuestra segunda empresa nacional: no, no es el turismo; son los bares. !Vayamos de vinos! Con dos vinitos conseguimos un consumo cardiosaludable y generamos efectos colaterales: cuando salimos de vinos estamos consumiendo producto nacional (rioja, mencía, albariño, estrella,...); pero además estamos incidiendo positivamente sobre la pequeña empresa, que es la que crea más empleo; y por último el dinero se mueve y nos sentimos mucho más felices; esta felicidad de ánimo se contagia al resto de la población y eso se nota también fuera. Las agencias de calificación ven a España con un sentimiento muy diferente y disminuyen la presión sobre los bonos españoles bajando el diferencial sobre los bonos alemanes. Desde el exterior también se aprecia un efecto contagio y los extranjeros vienen a España de turismo y llenan los bares, consumiendo más producto nacional. Es una borrachera de felicidad.
!Vivamos como galegos!

domingo 28 de noviembre de 2010

SOBRE A XESTIÓN DO PP DA POBRA


Nos preguntan na Voz de Galicia sobre o Balance da xestión do PP da Pobra nestes últimos catro anos.

Todo depende de cOmo se mire. Non cabe dúbida de que a Pobra é unha vila preciosa. A súa entrada mirando o mar, o malecón de pedra, o xardín, as rúas empedradas, as praias e mesmo algúns dos seus edificios máis emblemáticos.

Desde o meu punto de vista e no referente á súa estrutura, fisionomía e coidado, o noso concello non ten parangón con Boiro nin con Ribeira, as vilas veciñas.

Se progreso e beleza foran sinónimos a Pobra sería o concello da redonda que máis tería progresado dende a democracia.

Pero a realidade é que progreso e beleza, aínda que compatibles, non son sinónimos. A Pobra é, de feito, o concello do noso contorno que menos progresou nos últimos anos. E esta non é unha afirmación gratuíta senón que é unha realidade totalmente demostrable.

Máis alá do porto e do polígono, ambas obras claves no desenvolvemento da Pobra -e ningunha delas levada a cabo por ningún dos gobernos presididos por Isaac Maceiras-, non podemos destacar ningún outro proxecto de futuro liderado por ningún dos seus gobernos.

Os seus proxectos caracterízanse pola obra de fachada, de embelecemento e axardinamento. Paseamos enriba de miles e miles de euros. @s empregad@s do concello adican unha chea de horas diarias a limpar, coidar, adencentar os centos, miles de metros cadrados adicados aos paseos. E é certo que todo está moi bonito no centro da vila, vestida con cada vez máis pedra e menos cemento. Pero todo ten un prezo. E na Pobra pagamos a beleza con servizos.
Temos un montón de barrendeir@s e xardineir@s que non dan abasto, mentres temos falta de coidadoras que atendan a persoas maiores dependentes (insuficientes), non apoiamos os servizos de comedor escolar ou de madrugadores- tan importantes para as familias-, desisteresámonos por temas tan importantes como a educación d@s moz@s pobrenses, non apostando por ampliar a oferta de ciclos formativos ou a formación en linguas, estudos relacionados co turismo e o medioambiente ou novas tecnoloxías, abandonarmos ás familias con nen@s menores de tres anos á súa sorte ao non ofertarlle garderías públicas que lle faciliten a pai e nai o acceso ao traballo, ...

Os gobernos de Isaac caracterízanse tamén por tirar para refacer. Así desapareceron dous edificios que xa formaban parte nosa historia común: a praza do peixe e a axudantía.

Ademais, na Pobra desgraciadamente, hai anos que se tirou a toalla no que respecta ao desenvolvemento do comercio local. Non nai plans ao respecto.
Eu, de feito, creo que o proxecto estrela daqueles que aspiren a gobernar a Pobra na próxima lexislatura debería ter o desenvolvemento do comercio no concello como obxectivo principal. De non ser así, estou convencida de que o noso futuro colectivo pintará moi mal.

Así as cousas está claro que eu non fago un balance positivo do traballo desenvolvido polos gobernos presididos por Maceiras. O novo goberno da Pobra debería ser moito máis ambicioso e empático coa cidadanía. @s pobrenses merecemos un goberno que crea realmente nas nosas posibilidades, que aposte claramente polo noso desenvolvemento colectivo a distintos niveis: social, cultural, educativo, comercial, industrial.

Eu aposto polo cambio.

lunes 1 de noviembre de 2010

RESPOSTA A ALGÚNS COMENTARIOS DO FB

Hoxe pasoume unha cousa estraña. Contestei a uns comentarios do FB nos que María José Rivadulla, a secretaria do alcalde da Pobra, e Javier Lago (a quen non teño o gusto de coñecer) se dirixían a min directamente e en resposta e unha crítica que eu facía, no muro dun amigo común, ao feito de que se gastaran tantos cartos en ostentosas inauguracións. Neses comentarios ambos criticaban ao anterior goberno socialista da Pobra, goberno do que eu formei parte durante os últimos nove meses da lexislatura, acusándoo de non ter feito obras no Concello e, no caso de Javier, adxudicando ao PP a obra do Polígono Industrial da Tomada.
Como non podía ser doutro modo, cando acendín o ordenador, varias horas despois de que estas persoas fixeran os seus comentarios, respondinlles como considerei oportuno.
A miña sorpresa foi que, dez minutos máis tarde, a entrada e todos os comentarios desapareceran do muro do noso amigo, así que considerei reescribir a resposta neste blog e colgala do meu muro, por si algún deles ten interese en lela.

Non me consta, en absoluto, que o PP tivera nada que ver co Polígono da Tomada. O que me consta é que o Psoe xestionou con SEPES, que non coa Xunta de Galicia, todo o que foi a construción do Polígono da Tomada e quero insistir en que, ata día de hoxe, é o único polígono que se construíu na Pobra. Outra cousa moi distinta é que o PP queira aproveitarse do traballo alleo. O que si lle corresponde ao alcalde Sr. Durán é a construción do porto de túnidos, outra obra de relevancia para o progreso do Concello. É certo que estas dúas últimas lexislaturas están cheas de inauguracións, algunhas delas moi ben documentadas en longas reportaxes fotográficas pagadas por tod@s nós. A maoiría con gaitas, gaiteiros, bandas e ágapes. Sen dúbida hainas moi boas, como a praza da Angustia, pero a maioría son obras de paseo e engalanamento. Non é que non me gusten os paseos. Somos a envidia (sá) das vilas veciñas, pero vós sabedes tan ben coma min que todo o feito non contribuíu a facer mellorar o pobo. Cada vez temos menos servizos, menos comercio e menos poboación.
Agradecidos teremos que estar de que neste pobo houbera uns gobernos que se ocuparon de facer un polígono industrial e un porto comercial. O que non podemos pretender, porque xa non cola, que fixemos o que non fixemos. E, Javier, está máis que claro e ben documentado quen foi o responsable de que no noso concello houbera o chan industrial e os servizos para que se instalasen as empresas que hoxe ofertan tantos postos de traballo na nosa vila. O Partido Socialista da Pobra. Non nos queirades, con todos meus respectos, facer tont@s.

martes 16 de marzo de 2010

miércoles 20 de enero de 2010

GOOD BY RIVERS

Non hai enfrontamento entre linguas. Non o hai na escola nin tampouco na rúa. A sociedade é consciente da importancia do inglés como lingua franca. Os mestres e as mestras, os pais e as nais sabemos e queremos preparar aos nosos mozos na aprendizaxe de idiomas.

Pero temos moi claro tamén que as linguas estranxeiras non son como as maternas. As linguas estranxeiras son linguas que se aprenden pero nas que non se vive nin se convive.

O verbo amar dicímolo na lingua na que medramos e as cantigas de berce que lle cantamos aos nosos filllos son aquelas coas que nos durmiamos nós.

En inglés non cantamos cancións de corro, nin contamos as nosas lendas, nin os nosos contos de medo.

En inglés non declamamos a Rosalía nin a Bécquer, non é o mesmo. Nin tampouco somos quen de atopar a palabra exacta que defina as polas de auga que se agochan nas xunqueiras.

Non. En inglés non podemos falarlles de Isabel a Católica, nin da Guerra Civil, nin da revolta Irmandiña, nin explicarlles aos nenos as características propias do ecosistema das Rías Galegas.

Porque non sería o mesmo. Porque non transmitiriamos o mesmo nin contariamos o mesmo.

O inglés debe estar no ensino, e de seguro debe ter máis presenza da que ten ata o momento, pero non así como di o decreto.

Sen dúbida é posible o ensino de tres linguas na escola galega, pero nunca de xeito que a aprendizaxe da lingua estranxeira solape a lingua e a cultura da nosa terra.


Charo Varela

Mestra especialista en inglés
Profesora CLIL (Seccións bilingües
)

viernes 8 de enero de 2010

GALICIA TRILINGÜE

Hai un ano escribía no meu blog un post “Galicia Trilingüe”, no que me congratulaba de que a Consellería de Educación se decidise a apostar claramente polo reforzo do ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras a través do Programa “Seccións Bilingües”.
As aulas bilingües caracterízanse, ao igual que as seccións europeas, por ter como obxectivo o estudo de materias non lingüísticas en dúas linguas, galego/castelán e unha lingua estranxeira.
Polo que, do que se trata, é de empregar unha lingua oficial e unha lingua estranxeira, as dúas, como vehiculares no estudo dunha materia.
O trilingüismo empezaba a ser unha realidade no ensino galego, sen supoñer, en absoluto, un enfrontamento entre linguas propias e alleas, e ocupando a lingua estranxeira tan só unha parte do horario dalgunha asignatura, e en ningún caso un terzo da totalidade do horario escolar.
Estábase producindo o inicio dun verdadeiro “trilingüismo harmónico”.
Pero as Aulas Bilingües non son aínda unha realidade en todos os colexios galegos e, dende logo, non son unha realidade para a meirande parte do alumnado galego.
A falta de persoal formado e os escasos recursos económicos impiden que a maioría dos colexios poidan sumarse a este ambicioso e interesante proxecto.
Neste contexto de falta de recursos e reducións continuas de persoal , o goberno galego decide , dun día para outro, e , dende o meu humilde punto de vista, demostrando unha falta de coñecemento da realidade da escola galega, que un terzo do horario lectivo do noso alumnado vaise impartir en inglés. Inaudito.
Un terzo da docencia en inglés? Con que recursos, se reduciron nun 30% os orzamentos para formación do profesorado para o 2010? En que pais viven os nosos gobernantes? Coñecen realmente a realidade lingüística galega?
Volvemos ao divide e vencerás.
Incapaces de dar unha solución seria a un problema que eles mesmos crearon, xeran un conflito nos centros docentes, que terán que decidir en que lingua, galega ou castelán, van impartir as áreas que segundo o decreto teríanse que dar en inglés.
Ver para crer.
Recoméndovos este artículo do País de hoxe.

O DECRETO DO INGLÉS


Diglosia.

O novo decreto devólvenos á diglosia, devólvenos ao galego de segunda B, cando aínda non acadaramos a 1ª división.
Tras anos de traballo, de pasos ben dados a prol do bilingüismo en Galicia, e xa tendo acadado que moitos mozas e mozas galegas se sintan competentes para falar calquera das dúas linguas oficiais e totalente libres para facelo, o goberno decide reducir o tempo do galego no ensino a un terzo do horario lectivo.


Demagoxia.

O goberno, intencionadamente, utiliza a lingua inglesa como arma arreboladiza contra o galego , cando sabe que o camiño a seguir no ensino de linguas estranxeiras está moi ben trazado a través do Plan de seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos, que xa ven funcionando hai uns anos nalgunhas escolas galegas.
Porque o goberno sabe que esa escola trilingüe da que está a falar no decreto plurilingüe é, a día de hoxe, unha quimera. Que non hai recursos suficientes, nin humanos nin económicos, para afrontar o ensino plurilingüe a terzos en todos os colexios públicos de Galicia.
O goberno, deliberadamente, aproveita a falta de información da cidadanía sobre a situación real da aprendizaxe de linguas para confundirnos a todos pretendendo un enfrontamento totalmente inexistente entre o galego e o inglés.

Medias verdades que son mentiras.

Sen dúbida a letra do decreto pode soar moi ben. E mesmo haberá quen se crea que este documento vai ser algo máis que papel mollado.
Sería ideal que, ao remate do ensino obrigatorio, os xoves galegos foran plurilingües, competentes nas dúas linguas oficiais de Galicia e nunha lingua estranxeira, o inglés.
Pero a meirande parte dos galegos e as galegas temos os pés no chan e coñecemos moi ben a nosa realidade: a do galego e a do castelán. Sabemos da necesidade que tiñamos do decreto do galego. Sabemos que se non potenciamos o uso do galego na escola, inevitablemente, esmorecerá.
Pero o noso Presidente decidiu un día que para ser Presidente tiña que renunciar a defender a lingua propia de Galicia. E da súa renuncia nace este decreto absurdo e mentireiro.
O decreto do inglés.

sábado 26 de septiembre de 2009

ESCUELA 2.0




OTRO MODO DE CONSTRUIR
EL CONOCIMIENTO EN LAS AULAS

Sistema Educativo en Finlandia


Navegando pola rede atopei este traballo sobre o SISTEMA EDUCATIVO FINLANDÉS .


Vale a pena botarlle un vistazo.




domingo 20 de septiembre de 2009

XUNTOS PODEMOS!!!


De novo o PP de Galicia insiste en que a Plataforma Galega pola Gratuidade é unha ferramenta do PSOE.

Pero vós sabedes quenes estábamos , como chegamos e que foi o decidimos alí.

Porque nos temen intentan dividirnos, desprestixiarnos, buscar nas nosas motivacións intereses persoais.

Pero é tan só porque NON cren na forza da cidadanía, porque NON cren na nosa capacidade para dicir non e loitar polos nosos DEREITOS.

Como moitos e moitas sabedes, eu fun unha das persoas que iniciou este movemento. Daquela era militante do PSOE e hoxe sígoo sendo.

Pero ante todo son unha cidadá comprometida e decidida a loitar por unha sociedade máis xusta e equilibrada. Unha sociedade fundamentada na xustiza social e a igualdade de opotunidades para todos e todas os cidadáns.

Xa ao día seguinte de que o Presidente Feijoo gañara as eleccións, o 2 de marzo de 2009, escribía un comentario a unha pregunta que se facía na Voz de Galicia (preme aquí).

Detrás da Plataforma hai un montón de miles de persoas que, coma mín e probablemente coma ti, non están dispostas a permitir un só paso atrás nas melloras educativas.


REIVINDIQUEMOS UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA GRATUITA E DE CALIDADE!!


XUNTOS PODEMOS!!!!

domingo 13 de septiembre de 2009

GRAZAS POBRA



Hoxe, unha reunión en Santiago coa plataforma que se creou en Ourense.
Grazas Pobra, por permitir que a Plataforma Galega pola Gratuidade dos Libros de Texto sexa hoxe unha realidade.
Temos delegacións en
Vigo, Morrazo, Vilagarcía , Barbanza e Ourense
Estamos programando actos na Mariña Luguesa e Ferrol.
Se aquel día vós non responderades, hoxe non estariamos onde estamos.
XUNTOS PODEMOS!!!!

jueves 10 de septiembre de 2009

Imos a pola Educación Pública???



O ataque sen precedentes por parte da Administración Autonómica á Educación Pública Galega ven quebrar gravemente os pilares nos que se sustenta a todavía endeble calidade do noso sistema educativo.

A redución de recursos humanos, do número de mestres e profesores nos centros de ensino, supón unha volta atrás e contribúe á desmotivación do profesorado.

Que ninguén se engane. Reducir profesionales repercute directamente na calidade do ensino.
Desdobres, aulas bilingües, proxectos de dinamización da bliblioteca, tics, actividades medioambientais,… non se poden levar a cabo se non hai profesores suficientes.

Hai casos sangrantes como o do Salustiano Rey Eiras, na Pobra. Ao reducir a plantilla non se poden levar a cabo os proxectos de seccións bilingües que a propia Conselleria ven de aprobar de xeito provisional .

Estaban plantexados tendo en conta a plantilla do curso 2008/09. Neste novo curso , ao reducir 2 profesores, é imposible por en marcha os proxectos previstos aínda que estean aprobados, xa que o profesorado non ten horario suficiente.

A redución de persoal tamén repercute na calidade de ensino do 1º ciclo de primaria, xa que os desdobres que se viñan facendo no centro, tan beneficiosos para os nenos e nenas de 1º e 2º curso, non son posibles sen persoal suficiente.

Pero, como se iso fora pouco, a plaza de orientador asignada á EEI “Fernández Varela” tamén foi suprimida. Parece que para a Consellería de Educación os alumnos de Educación Infantil do noso concello son cidadáns de segunda.

Eso é o que hai.

E se alguén non o cre, que vaia aos centros e pregunte.

Esto sí que é ter bo rollo!!!!