domingo, 20 de septiembre de 2009

XUNTOS PODEMOS!!!


De novo o PP de Galicia insiste en que a Plataforma Galega pola Gratuidade é unha ferramenta do PSOE.

Pero vós sabedes quenes estábamos , como chegamos e que foi o decidimos alí.

Porque nos temen intentan dividirnos, desprestixiarnos, buscar nas nosas motivacións intereses persoais.

Pero é tan só porque NON cren na forza da cidadanía, porque NON cren na nosa capacidade para dicir non e loitar polos nosos DEREITOS.

Como moitos e moitas sabedes, eu fun unha das persoas que iniciou este movemento. Daquela era militante do PSOE e hoxe sígoo sendo.

Pero ante todo son unha cidadá comprometida e decidida a loitar por unha sociedade máis xusta e equilibrada. Unha sociedade fundamentada na xustiza social e a igualdade de opotunidades para todos e todas os cidadáns.

Xa ao día seguinte de que o Presidente Feijoo gañara as eleccións, o 2 de marzo de 2009, escribía un comentario a unha pregunta que se facía na Voz de Galicia (preme aquí).

Detrás da Plataforma hai un montón de miles de persoas que, coma mín e probablemente coma ti, non están dispostas a permitir un só paso atrás nas melloras educativas.


REIVINDIQUEMOS UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA GRATUITA E DE CALIDADE!!


XUNTOS PODEMOS!!!!

domingo, 13 de septiembre de 2009

GRAZAS POBRA



Hoxe, unha reunión en Santiago coa plataforma que se creou en Ourense.
Grazas Pobra, por permitir que a Plataforma Galega pola Gratuidade dos Libros de Texto sexa hoxe unha realidade.
Temos delegacións en
Vigo, Morrazo, Vilagarcía , Barbanza e Ourense
Estamos programando actos na Mariña Luguesa e Ferrol.
Se aquel día vós non responderades, hoxe non estariamos onde estamos.
XUNTOS PODEMOS!!!!

jueves, 10 de septiembre de 2009

Imos a pola Educación Pública???



O ataque sen precedentes por parte da Administración Autonómica á Educación Pública Galega ven quebrar gravemente os pilares nos que se sustenta a todavía endeble calidade do noso sistema educativo.

A redución de recursos humanos, do número de mestres e profesores nos centros de ensino, supón unha volta atrás e contribúe á desmotivación do profesorado.

Que ninguén se engane. Reducir profesionales repercute directamente na calidade do ensino.
Desdobres, aulas bilingües, proxectos de dinamización da bliblioteca, tics, actividades medioambientais,… non se poden levar a cabo se non hai profesores suficientes.

Hai casos sangrantes como o do Salustiano Rey Eiras, na Pobra. Ao reducir a plantilla non se poden levar a cabo os proxectos de seccións bilingües que a propia Conselleria ven de aprobar de xeito provisional .

Estaban plantexados tendo en conta a plantilla do curso 2008/09. Neste novo curso , ao reducir 2 profesores, é imposible por en marcha os proxectos previstos aínda que estean aprobados, xa que o profesorado non ten horario suficiente.

A redución de persoal tamén repercute na calidade de ensino do 1º ciclo de primaria, xa que os desdobres que se viñan facendo no centro, tan beneficiosos para os nenos e nenas de 1º e 2º curso, non son posibles sen persoal suficiente.

Pero, como se iso fora pouco, a plaza de orientador asignada á EEI “Fernández Varela” tamén foi suprimida. Parece que para a Consellería de Educación os alumnos de Educación Infantil do noso concello son cidadáns de segunda.

Eso é o que hai.

E se alguén non o cre, que vaia aos centros e pregunte.

Esto sí que é ter bo rollo!!!!

jueves, 30 de julio de 2009

O préstamo é solidario, pedagoxico e económico.


Esta ex-concelleira socialista, mestra de profesión, quixera aclarar algunhas cousas a todos aqueles que consideran que é unha persoa egoísta e sen valores morales.

1º Dende o meu punto de vista o préstamo é solidario, pedagóxico e económico.
E iso é o que defendo xunto cuns cantos miles de pais e nais na Plataforma Galega Pola Gratuidade.

2º Nestes últimos anos ningunha familia galega tivo que pagar os libros de texto. E non o tiña que facer porque nos centros prestábanlle os libros para todo o curso escolar. Ninguén lles preguntaba pola renda. Nos colexios todos os nenos eran iguais e usaban os mesmos libros. En préstamo.
De feito, o meu fillo este ano usou uns libros que xa foran usados os tres anos anteriores e os libros estaban en moi bo estado.
O préstamo funcionaba e funcionaba moi ben.

3º A partir deste curso, a maioría das familias galegas van ter que pagar polos libros. Só 25 de cada 100 recibirán os libros totalmente gratis, o resto terá que pagar ou a totalidade ou parte do custo dos libros.

4º Sen dúbida, as familias de rendas altas e ,dende logo,todas as que ingresen 75000 euros ou máis poderían pagar os libros dos seus fillos. Pero ¿que facemos coas familias de rendas medias, a maioría das familias galegas, que teñen dificultades para mercar os libros de texto pero que non entran na gratuidade?
A partir de agora todas as familias de 4 membros que ingresen anualmente máis de 22000 euros terán que pagar parte do custo dos libros de texto, libros que, ata o de agora lle saían totalmente gratis.
E as que gañen máis de 36000 terán que pagar pola totalidade dos libros dos seus fillos.

5º O único que se consigue coa gratuidade solidaria que pretende impoñer o PP e aumentar o gasto das familias galegas, nun mes ademais especialmente difícil porque ademais dos libros hai que comprar o material escolar, roupa calzado,etc.

6º A proposta de pagar libros de texto en propiedade a todas as familias que o necesitan é totalmente inasumible polas arcas galegas. E o feito de ter a uns nenos cos libros prestados(os de rendas baixas e medias) mentres os de rendas altas chegan cos seus libros en propiedade podendo facer deles o que lles pete, non parece moi xusta, nin pedagóxica, nin solidaria.

7º Ao final, para que a maioría non teña que pagar polos libros, o mellor é o préstamo para todos. Co préstamo, con cada libro de texto estudan 4 nenos en 4 anos consecutivos.
E funciona, os que o experimentamos sabemos que funciona.

8º O sistema de préstamo non é caro xa que mercar libros en préstamo para todo alumnado galego non sairía máis caro que mercar libros en propiedade para o 25% dos nenos e nenas galegos. É matemática simple.

viernes, 17 de julio de 2009

Nin máis barato, nin máis solidario, nin máis progresista.

Dende a Plataforma non entendemos as razóns do Goberno da Xunta para eliminar a gratuidade por préstamo dos libros de texto do noso Sistema Educativo.

Dende un punto de vista económico, os aproximadamente escasos 50 euros por neno e ano que viña investindo a Consellería de Educación na gratuidade por préstamo, non xustifican a adopción dunha medida deste calado.

A supresión da gratuidade universal só ven perxudicar ás familias galegas.

Ata o de agora, cada 4 anos , de cada 100 libros pagados con fondos públicos se beneficiaban 400 nenos.

A partir de agora, cada 4 anos, de cada 100 libros pagados con fondos público só se van beneficiar 100 nenos.



martes, 7 de julio de 2009

REACCIONEMOS


Non se trata tan só de non pagar os libros de texto. Temos que reaccionar porque, sen máis, nos están reducindo un DEREITO.
Ata o de agora todas as familias tiñan o dereito a recibir sen custo algún os libros de texto para os seus fillos. Todos e todas podíamos beneficiarnos do préstamo.
Agora hai que demostrar que a renda familiar é baixa para conseguir a mal chamada gratuidade solidaria.
E os libros pasan de ser compartidos durante catro anos a ser esquecidos nos faiados das casas ou queimados en San Xoán.
É un retroceso sen precedentes. Pero pode converterse no precedente doutros retrocesos. O transporte escolar non distingue rendas, nin as axudas aos comedores escolares.
Segundo o Conselleiro, a Consellería é deficitaria nestes dous apartados.
Parece que Galicia, unha das Comunidades Autónomas con rendas máis baixas, vai pasar de ser a comunidade na que a volta ao colexio era a máis barata, a unha das que teña o setembro más caro de toda España.
Pero nesta medida hai moita hipocresia. Hai moita demagoxia e, dende logo, moita ideoloxía.
Para convencer á cidadanía, o goberno fala de medida progresista, medida de igualdade e solidariedade. Fala de pobres e de ricos. De novo. Cando todos sabemos que a renda media galega está aínda moi por debaixo da media española.
O goberno escúsase nunha minoría de rendas altas, para sacarlle un DEREITO a todos os galegos e a todas as galegas, xa que a grande maioría das familias terán que pagar o todo ou gran parte do custo dos libros de texto.
Ese si que é un imposto indirecto. Un imposto que imposibilitará a moitas familias encarar un setembro tranquilo.
Total para non aforrar nada.


Se non reaccionamos agora,¿cando?

ASINA O MANIFESTO POLA GRATUIDADE.
QUE SAIBAN QUE SOMOS MOITOS!!!
XUNTOS PODEMOS!!!

viernes, 3 de julio de 2009

OS AMIGOS

Hai varias clases de amigos.

Aqueles cos que, pase o que pase, sempre podes contar. Cos que medras como persoa. Son aqueles cos que nunca compites. Os que nunca compiten contigo, nin por ser máis guapa, nin máis lista, nin máis rica, nin máis nada.
Eses amigos son os que nunca che fallan. Os que che queren como eres. Os que coñecen os teus defectos e saben quererte con eles.
Poden ser os de toda a vida ou tal vez amizades máis mozas.
Pero son fieles.
Son os que te animan cando estás triste. Os que son quen de levantarche a moral cando o necesitas. Os que non dubidan en dicirche o especial que ti eres.
Nunca che dan a espalda. Nin te esquecen. Sempre te defenden e non te apuñalan pola espalda.
E despois... están os outros amigos.
Perdón, equivoqueime.
Só hai unha clase de amigos.
,

sábado, 27 de junio de 2009

PLATAFORMA GRATUIDADE

Os pais e nais de Galicia non vamos consentir que o goberno da Xunta volva a gravarnos cos libros de texto.
A educación é un dereito de todos os nenos e nenas galegos. A gratuidade de libros de texto a través do préstamo é un dereito adquirido que non estamos dispostos a perder.
Nón é verdade que a Xunta aforre cartos coa medida. Se ata o de agora un libro valía para catro nenos, non pode ser que a Xunta gaste menos mercando libros en propiedade para o 60 % dos nenos galegos. Nos están enganando.
Os galegos volveremos a pagar os libros. Todos ou a grandísima maioría.
Atentan contra os nosos dereitos e non o vamos consentir.
En Galicia estámonos a mobilizar. Moitos galegos e galegas estamos asinando en contra desta medida e a favor da gratuidade.
Todos os interesados podedes poñervos en contacto connosco a través desta dirección de correo electrónico.
plataformagratuidade@gmail.com

domingo, 21 de junio de 2009

Na defensa da gratuidade dos libros de texto

Onte, nunha cafereria da Pobra, unhas 30 persoas, decidimos crear a
PLATAFORMA GALEGA POLA DEFENSA DA GRATUIDADE DE LIBROS DE TEXTO
Hoxe imos reunirnos para elaborar un
MANIFESTO
ao que pretendemos
SE SUME BOA PARTE DOS PAIS E NAIS DO ALUMNADO GALEGO.

viernes, 19 de junio de 2009

Os libros non son dos nenos. Son dos centros de ensino.

É imprescindible que corramos a voz.
É urxente que lles digamos a todos e a todas que nos están enganando.
Os libros non son dos nenos. Os libros son dos centros educativos.
As familias non son propietarias dos libros de texto, senón que, como se de bibliotecas se tratase, os centros educativos, o que fan, é prestar os libros ás familias durante o curso escolar, para que estas non os teñan que mercar.
Todos os libros son do centro educativo e os nenos teñen que responsabilizarse de tratalos ben e de non pintalos, nin estragalos e son usados polo alumnado do centro ao longo de 4 anos consecutivos, ou sexa, cada libro é usado por 4 nenos durante catro cursos escolares. (A excepción son os libros do 1º ciclo, que son funxibles, polo que os nenos os poden levar á casa.)
Non hai diferenzas entre os nenos. Non hai nenos ricos e pobres, uns con libros prestados e outros mercados pola familia. Todos son iguais. Todos usan os libros de todos.
E funciona. Funciona moi ben.
As familias están contentas e os nenos aprenden a non estragar os libros, a coidalos e a compartilos.
A quen queren enganar? De que nos queren convencer?
Canto queren aforrar? A costa de que? A costa de quen?
A gratuidade dos libros de texto supón, é certo, un aforro para todas as familias galegas, con máis recursos e con menos recursos.
Pero vai moito máis alá. Entende que os libros forman parte do sistema educativo público e obrigatorio.
Non tería sentido que, nas aulas, os libros distinguiran entre familias de rendas altas e baixas. Non tería sentido que uns libros se puideran subliñar e marcar e outros non.
O aforro non o xustifica.
Poderiamos entender que a Xunta decidira alongar durante dous anos máis a vida dos libros mercados durante estes anos para así aforrar en época de crise.
Mesmo podería ser que do que se tratase fora de que os nenos recibiran os libros en propiedade e non tiveran que compartilos ao ano seguinte, pero economicamente non tería sentido, a non ser que só recibira libros en préstamo unha cuarta parte do alumnado galego. O que supón que a maioría das familias, as tres cuartas partes, tería que mercalos.
O intolerable sería eliminar a gratuidade poñendo de manifesto nas aulas as rendas das familias dos nenos.
Quen son as rendas baixas e medias en Galicia?
A maioría.
De que aforro estamos a falar realmente? Ou é que a maioría dos galegos e as galegas teremos que volver a mercar os libros?
Por outro lado, a gratuidade de libros de texto beneficia claramente ao pequeno comercio, xa que moitos dos pais encargan os libros nas librerías que teñen preto e non van ás grandes áreas tratando de buscar un prezo máis barato.
Dende o meu punto de vista, o que está propoñendo o PP supón un retroceso imperdoable.

lunes, 8 de junio de 2009

COMPETENCIA LINGÜÍSTICA

Ao final do ensino obrigatorio o alumnado galego ten que ser quen de comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, tanto na lingua galega coma na lingua castelá, textos e mensaxes complexos. Artigo 4º Decreto 133/2007 no que se regulan as ensinanzas do Ensino Secundario Obrigatorio da Comunidade Galega.
¿Son quen os mozos e mozas galegas ao rematar a ESO de expresarse dun xeito fluído, oralmente e por escrito, tanto en galego coma en castelán?
¿Non debería ser esa unha das maiores preocupacións das autoridades educativas galegas?
¿O noso o problema é, realmente, que lingua usan os nosos nenos como vehicular en cada unha das materias?
O problema non está en que os nenos non comprenden as materias nunha ou outra lingua. Sobran experiencias educativas que o demostran si se queren analizar.
En Galicia levamos moitos anos traballando con plans de normalización aprobados nos distintos centros educativos sempre co visto bo da Consellería.
Polo que o que tería que facer o goberno é analizar polo miúdo os resultados deses plans de normalización lingüística e sacar conclusións.
Son moitos xa os mozos castelán ou galego falantes escolarizados en galego con plans chamados de choque que xa remataron o ensino obrigatorio. Analicemos cal é a súa competencia lingüística nas dúas linguas.
Tamén son moitos os alumnos e alumnas que sendo galego ou castelán falantes remataron a ESO sendo escolarizados basicamente en castelán e co galego unicamente como asignatura. Vexamos cal é a súa competencia lingüística en ambas as dúas linguas.
O sistema educativo debe garantir que se acaden os obxectivos descritos na nosa Lexislación Educativa.
Sen dúbida todos e todas temos dereito a opinar. Pero sobre todo temos a obriga de esixirlles aos nosos gobernantes que tomen decisións baseándose nos datos obxectivos dos que dispoñen e non na opinión máis ou menos formada duns pais moi ben intencionados pero que descoñecemos, en moitos casos, cales son as esixencias a nivel lingüístico da nosa lexislación.
O problema non radica na lingua na que traballan os alumnos e alumnas galegas as distintas materias, do que se trata é de que o sistema educativo vele porque todo o alumnado galego sexa verdadeiramente competente en ambas linguas ao remate da escolarización obrigatoria.

domingo, 7 de junio de 2009

EXPLOSIÓN DE CREATIVIDADE E COR



Hai uns días inaugurouse na Casa de Raquel Soler da Pobra unha exposición moi especial. Os que asistimos atopámonos cunha sorprendente explosión de creatividade e de cor.
Paraugas de todas as cores e materiais, con mensaxes, con debuxos, penduraban dos teitos da sala ou descansaban inspiradores nun rincón. Distintas composicións escultóricas feitas de caixas de cartón decoradas presentaban as obras de arte realizadas polos pequenos artistas protagonistas do evento. Moitas delas verdadeiras obras de arte en si mesmas. Retratos feitos polos propios nenos expresando enfado, alegría, paixón, reflexión, concentración. Miradas. Mans. Pés. Orellas. Bocas. Nenos e nenas.
Impresionante. Diferente. Estimulante. Motivador.
Non se trata tan só da exposición duns traballos feitos por unhas nenas e uns nenos, vai máis alá.
Decía Manuel Teira, o director artístico da obra, que por moito que o intentásemos
non seriamos quen de distinguir o mellor do peor. Porque non hai nin mellor nin peor.
E tiña razón. Todos os traballos forman parte dun todo artístico que transmite no seu conxunto e non dun xeito individual. Unha obra de arte feita de obras de arte. Explosiva. Transmisora de forza. De positivismo. De ilusión. De alegría e imaxinación.
Parabéns ás mestras, pola idea, polo esforzo, polo proxecto, polo traballo realizado, pola súa imaxinación e a súa paciencia.
Parabéns ao artista, asesor e director artístico da obra, Manuel Teira, creador polifacético que, neste caso, foi quen de transmitirlles aos pequenos o amor pola arte conseguindo que transmitisen sen censuras todo o que tiñan dentro.
Parabéns aos pequenos artistas, os verdadeiros creadores destas obras de cor e ilusión.
Aproveito ademais para animar ao señor alcalde e ao seu equipo de goberno a que apoien este tipo de proxectos dende o concello en vez de adicarse a enterrar obras de arte como a do estanque do Castelo.
Neste tipo de talleres vale realmente a pena inverter.
Son proxectos que estimulan a creatividade dos nenos e o gusto pola beleza e a arte
.