Afogaba nunha mala palabra, nun mal xesto. Sufría co rexeitamento e a indiferencia.
Non se quería.
Dá gusto vela agora: forte, segura de si mesma, valente, alegre... libre. Non hai daga afiada que a fira. Avanza tranquila, sen medo, consciente dos obstáculos do camiño. Cando erra, asúmeo sen dramas. Serea. Rectifica e endereza o paso. Adiante, ata o infinito.
Ámase.
A Pobra, 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario