O TREN E A MOBILIDADE SOSTIBLE
Nos últimos anos fálase moito de mobilidade sostible. Isto significa movernos dun lugar a outro sen danar o medio ambiente e garantindo que todas as persoas poidan facelo, vivan onde vivan.
O tren é un medio de transporte que contamina pouco, consome moita menos enerxía ca o coche e pode funcionar con electricidade de fontes renovables. Ademais, permite viaxar sen ter coche e une vilas e cidades, o que axuda a que moita xente poida seguir vivindo no seu lugar sen marchar a outro sitio.
Sen embargo, moitas liñas de tren pecháronse nos últimos anos e algunhas zonas nin sequera teñen conexión ferroviaria. Isto fai que moitas persoas teñan que usar o coche para todo, o que contamina máis e custa máis cartos.
Por iso, cando falamos de mobilidade sostible, tamén temos que pensar nas liñas de tren que deberían existir no futuro: trens de proximidade que cheguen ás vilas, ás comarcas e ás zonas rurais.
Non se trata só de cambiar coches de gasolina por coches eléctricos. O importante é ter máis trens e bos transportes públicos, que axuden a coidar o planeta e permitan que todas as persoas poidan moverse en igualdade.
PREGUNTAS ABERTAS SOBRE O TEXTO
- Que zonas de Galicia (ou da túa comarca) pensas que deberían ter unha liña de tren no futuro? Por que?
- Podes debuxar nun mapa o percorrido dese tren e explicar que vantaxes tería.
No hay comentarios:
Publicar un comentario