Nos preguntan na Voz de Galicia sobre o Balance da xestión do PP da Pobra nestes últimos catro anos.
Todo depende de como se mire. Non cabe dúbida de que a Pobra é unha vila preciosa. A súa entrada mirando o mar, o malecón de pedra, o xardín, as rúas empedradas, as praias e mesmo algúns dos seus edificios máis emblemáticos.
Desde o meu punto de vista e no referente á súa estrutura, fisionomía e coidado, o noso concello non ten parangón con Boiro nin con Ribeira, as vilas veciñas.
Se progreso e beleza foran sinónimos a Pobra sería o concello da redonda que máis tería progresado dende a democracia.
Pero a realidade é que progreso e beleza, aínda que compatibles, non son sinónimos. A Pobra é, de feito, o concello do noso contorno que menos progresou nos últimos anos. E esta non é unha afirmación gratuíta senón que é unha realidade totalmente demostrable.
Máis alá do porto e do polígono, ambas obras claves no desenvolvemento da Pobra -e ningunha delas levada a cabo por ningún dos gobernos presididos por Isaac Maceiras-, non podemos destacar ningún outro proxecto de futuro liderado por ningún dos seus gobernos.
Os seus proxectos caracterízanse pola obra de fachada, de embelecemento e axardinamento. Paseamos enriba de miles e miles de euros. @s empregad@s do concello adican unha chea de horas diarias a limpar, coidar, adencentar os centos, miles de metros cadrados adicados aos paseos. E é certo que todo está moi bonito no centro da vila, vestida con cada vez máis pedra e menos cemento. Pero todo ten un prezo. E na Pobra pagamos a beleza con servizos.
Temos un montón de barrendeir@s e xardineir@s que non dan abasto, mentres temos falta de coidadoras que atendan a persoas maiores dependentes (insuficientes), non apoiamos os servizos de comedor escolar ou de madrugadores- tan importantes para as familias-, desisteresámonos por temas tan importantes como a educación d@s moz@s pobrenses, non apostando por ampliar a oferta de ciclos formativos ou a formación en linguas, estudos relacionados co turismo e o medioambiente ou novas tecnoloxías, abandonarmos ás familias con nen@s menores de tres anos á súa sorte ao non ofertarlle garderías públicas que lle faciliten a pai e nai o acceso ao traballo, ...
Ademais, na Pobra desgraciadamente, hai anos que se tirou a toalla no que respecta ao desenvolvemento do comercio local. Non nai plans ao respecto.
Eu, de feito, creo que o proxecto estrela daqueles que aspiren a gobernar a Pobra na próxima lexislatura debería ter o desenvolvemento do comercio no concello como obxectivo principal. De non ser así, estou convencida de que o noso futuro colectivo pintará moi mal.
Así as cousas está claro que eu non fago un balance positivo do traballo desenvolvido polos gobernos presididos por Maceiras. O novo goberno da Pobra debería ser moito máis ambicioso e empático coa cidadanía. @s pobrenses merecemos un goberno que crea realmente nas nosas posibilidades, que aposte claramente polo noso desenvolvemento colectivo a distintos niveis: social, cultural, educativo, comercial, industrial.
Eu aposto polo cambio.