domingo, 25 de mayo de 2008

CON SER BONITOS NON CHEGA

Carta publicada na Voz de Galicia. Buzón do lector. 17-06-08

É certo que a Pobra é probablemente a vila con máis encanto da nosa comarca. Polo menos iso cremos a grande maioría dos pobrenses.

É certo que as súas prazas e rúas empedradas, os seus parques e xardíns, os seus paseos a carón do mar unidos á súa beleza paisaxística e o seu enclave, fan da nosa vila unha lugar con un algo especial.

Pero a realidade é que non medramos. Polo contrario a nosa poboación decrece ano tras ano, e a actividade comercial vai a menos.

Xa no nos acordamos daqueles anos nos que a Pobra era unha vila puxante, cabeceira comarcal a nivel comercial. Non nos acordamos daqueles domingos pola mañá coa vila chea de xente e os establecementos hosteleiros a tope. Daquela había mercado o 1º e 3º domingo de cada mes, e a xente viña desde as vilas veciñas a dar unha volta á Pobra. E mentres os papás e os nenos paseaban polos xardíns e tomaban o aperitivo, as mamás daban unha volta polo mercado, a ver que atopaban. Como agora segue ocurrindo en Noia e Padrón.

Pero aqueles eran outros tempos. Os nosos comercios non eran moitos, pero eran grandes e tiñan de todo. E ademáis eran unha referencia en toda a comarca.

Agora nada é así. Non sei se o xermen foi aquela decisión que tomou Pleno Municipal, de renunciar ao dereito de ter a Feria de Gando e o Mercado Municipal os domingos ou se foron outras as razóns do declive do comercio da nosa vila.

En todo caso. Tras anos de declive, o goberno municipal debería ter elaborado un deseño de pobo de futuro, marcándose obxectivos a curto, medio e longo plazo coa finalidade de acadar a prosperidade á que todos aspiramos.

Soamente un goberno curto de miras insiste en priorizar as inversión en obras de embelecemento de rúas e prazas, cando a experiencia demostra que tales actuacións non resolven os nosos problemas máis importantes. Nin vén máis xente a vivir á Pobra, nin se anima máis xente a mercar na Pobra.

Non nos engañemos, con ser bonitos no chega.

Aí vos deixo a miña reflexión coa idea de crear un debate que creo é tempo que teñamos nesta vila.

viernes, 23 de mayo de 2008

POR UNA EDUCACIÓN PÚBLICA SIN RELIGIÓN

Que la asignatura de religión deje de formar parte del curriculo de Primaria, Secundaria y Bachiller es hoy una necesidad. Ya no se trata únicamente, de defender la aconfesionalidad del Estado eliminando cualquier tipo de enseñanza religiosa de la Educación Pública Española . Hoy en día nos faltan horas de matemáticas y ciencias, de lenguas y filosofía , de educación física y artística. La solución no pasa por aumentar el horario lectivo de los alumnos, los saturaríamos. De lo que se trata es de conseguir que la jornada lectiva sea lo más productiva posible. No podemos seguir permitiendo que la asignatura de religión impida a nuestros hijos avanzar en el currículo. De hecho, todos aquellos que no optan por religión no pueden avanzar materia de otras áreas obligatorias en el currículo en el horario de dicha asignatura. Es el momento de dar un paso hacia delante y eliminar la religión de la Educación Pública. Ya no tiene sentido. No se justifica desde ningún punto de vista.
Los valores cristianos son valores universales que están perfectamente integrados en el currículo a través de los temas transversales y de la nueva asignatura de Educación para la ciudadanía, asignatura obligatoria para todo el alumnado de Secundaria y Bachiller.

Publicada en "La Voz de Galicia", Cartas al director el 26-05-08.
Publicada en "El País", Cartas al director del día 26-05-08, con el título Religión y Educación para la Ciudadanía.

martes, 20 de mayo de 2008

A VOLTAS COA LINGUA

Identificar aos galego-falantes co nacionalismo e aos castelán-falantes co non nacionalismo de dereitas é un erro imperdoable que acabará pasando factura a toda a sociedade galega. A politización das linguas implicaría a radicalización de posturas enfrentadas e a victoria do monolingüismo, sexa este do tipo que sexa.

É certo que todavía unha boa maioría de galegos e galegas optamos polo castelán como única lingua de relación social e familiar. Pero tamén é certo que hoxe en día, e gracias ao ensino en galego de parte das materias do curriculum, a gran maioría dos galegos e galegas temos a capacidade de poder elexir a lingua na que queremos relacionarnos. Podemos ser máis fluídos nunha lingua que na outra pero somos quen de conversar en calquera das dúas.

Apostar por un modelo de ensino monolingüe á carta (en galego ou castelán), que trate a calquera das dúas linguas de Galicia como linguas estranxeiras significaría a politización real do ensino e levaría á sociedade galega a un calexón sen saída no que os enfrentamentos ideolóxicos impedirían que os nosos cativos apreciaran a gran riqueza da nosa herdanza lingüística , o bilingüismo.

O novo decreto do uso do galego no sistema educativo fai legalmente posible a existencia de colexios monolingües en galego, podendo impatir únicamente en castelán a área de lingua castelá. A única diferencia cos centros monolingües á carta (defendidos pola Asociación de Galicia Bilingüe) é que, neste caso, a decisión a toman os claustros de profesores directamente, decidindo os docentes en que lingua van impartir as súas áreas.

Defendo e apoio a galeguización do ensino. Considero a normalización da lingua galega nos centros educativos imprescindible para conquerir o obxectivo de bilingüismo de facto ambicionado por gran parte da nosa sociedade.

Pero quero manifestar públicamente o meu humilde desacordo coas dúas posturas arriba mencionadas. Non aos centros educativos que convirten o galego ou o cantelán en meras linguas estranxeiras. A maioría dos galegos e as galegas queremos saber falar e escribir ben en ambas as dúas linguas. Non estamos enfrentados con ningunha e queremos que os nosos fillos e fillas se sintan orgullosos de ambas.

Defendo o bilingüismo como o gran obxectivo a conquerir porque considero que implicará a normalización da lingua galega no entorno social e familiar dos galegos, en moitas ocasións presidido únicamente polo castelán.

Sumemos. Se dividimos, perdemos todos.