jueves, 30 de julio de 2009

O préstamo é solidario, pedagoxico e económico.


Esta ex-concelleira socialista, mestra de profesión, quixera aclarar algunhas cousas a todos aqueles que consideran que é unha persoa egoísta e sen valores morales.

1º Dende o meu punto de vista o préstamo é solidario, pedagóxico e económico.
E iso é o que defendo xunto cuns cantos miles de pais e nais na Plataforma Galega Pola Gratuidade.

2º Nestes últimos anos ningunha familia galega tivo que pagar os libros de texto. E non o tiña que facer porque nos centros prestábanlle os libros para todo o curso escolar. Ninguén lles preguntaba pola renda. Nos colexios todos os nenos eran iguais e usaban os mesmos libros. En préstamo.
De feito, o meu fillo este ano usou uns libros que xa foran usados os tres anos anteriores e os libros estaban en moi bo estado.
O préstamo funcionaba e funcionaba moi ben.

3º A partir deste curso, a maioría das familias galegas van ter que pagar polos libros. Só 25 de cada 100 recibirán os libros totalmente gratis, o resto terá que pagar ou a totalidade ou parte do custo dos libros.

4º Sen dúbida, as familias de rendas altas e ,dende logo,todas as que ingresen 75000 euros ou máis poderían pagar os libros dos seus fillos. Pero ¿que facemos coas familias de rendas medias, a maioría das familias galegas, que teñen dificultades para mercar os libros de texto pero que non entran na gratuidade?
A partir de agora todas as familias de 4 membros que ingresen anualmente máis de 22000 euros terán que pagar parte do custo dos libros de texto, libros que, ata o de agora lle saían totalmente gratis.
E as que gañen máis de 36000 terán que pagar pola totalidade dos libros dos seus fillos.

5º O único que se consigue coa gratuidade solidaria que pretende impoñer o PP e aumentar o gasto das familias galegas, nun mes ademais especialmente difícil porque ademais dos libros hai que comprar o material escolar, roupa calzado,etc.

6º A proposta de pagar libros de texto en propiedade a todas as familias que o necesitan é totalmente inasumible polas arcas galegas. E o feito de ter a uns nenos cos libros prestados(os de rendas baixas e medias) mentres os de rendas altas chegan cos seus libros en propiedade podendo facer deles o que lles pete, non parece moi xusta, nin pedagóxica, nin solidaria.

7º Ao final, para que a maioría non teña que pagar polos libros, o mellor é o préstamo para todos. Co préstamo, con cada libro de texto estudan 4 nenos en 4 anos consecutivos.
E funciona, os que o experimentamos sabemos que funciona.

8º O sistema de préstamo non é caro xa que mercar libros en préstamo para todo alumnado galego non sairía máis caro que mercar libros en propiedade para o 25% dos nenos e nenas galegos. É matemática simple.

viernes, 17 de julio de 2009

Nin máis barato, nin máis solidario, nin máis progresista.

Dende a Plataforma non entendemos as razóns do Goberno da Xunta para eliminar a gratuidade por préstamo dos libros de texto do noso Sistema Educativo.

Dende un punto de vista económico, os aproximadamente escasos 50 euros por neno e ano que viña investindo a Consellería de Educación na gratuidade por préstamo, non xustifican a adopción dunha medida deste calado.

A supresión da gratuidade universal só ven perxudicar ás familias galegas.

Ata o de agora, cada 4 anos , de cada 100 libros pagados con fondos públicos se beneficiaban 400 nenos.

A partir de agora, cada 4 anos, de cada 100 libros pagados con fondos público só se van beneficiar 100 nenos.



martes, 7 de julio de 2009

REACCIONEMOS


Non se trata tan só de non pagar os libros de texto. Temos que reaccionar porque, sen máis, nos están reducindo un DEREITO.
Ata o de agora todas as familias tiñan o dereito a recibir sen custo algún os libros de texto para os seus fillos. Todos e todas podíamos beneficiarnos do préstamo.
Agora hai que demostrar que a renda familiar é baixa para conseguir a mal chamada gratuidade solidaria.
E os libros pasan de ser compartidos durante catro anos a ser esquecidos nos faiados das casas ou queimados en San Xoán.
É un retroceso sen precedentes. Pero pode converterse no precedente doutros retrocesos. O transporte escolar non distingue rendas, nin as axudas aos comedores escolares.
Segundo o Conselleiro, a Consellería é deficitaria nestes dous apartados.
Parece que Galicia, unha das Comunidades Autónomas con rendas máis baixas, vai pasar de ser a comunidade na que a volta ao colexio era a máis barata, a unha das que teña o setembro más caro de toda España.
Pero nesta medida hai moita hipocresia. Hai moita demagoxia e, dende logo, moita ideoloxía.
Para convencer á cidadanía, o goberno fala de medida progresista, medida de igualdade e solidariedade. Fala de pobres e de ricos. De novo. Cando todos sabemos que a renda media galega está aínda moi por debaixo da media española.
O goberno escúsase nunha minoría de rendas altas, para sacarlle un DEREITO a todos os galegos e a todas as galegas, xa que a grande maioría das familias terán que pagar o todo ou gran parte do custo dos libros de texto.
Ese si que é un imposto indirecto. Un imposto que imposibilitará a moitas familias encarar un setembro tranquilo.
Total para non aforrar nada.


Se non reaccionamos agora,¿cando?

ASINA O MANIFESTO POLA GRATUIDADE.
QUE SAIBAN QUE SOMOS MOITOS!!!
XUNTOS PODEMOS!!!

viernes, 3 de julio de 2009

OS AMIGOS

Hai varias clases de amigos.

Aqueles cos que, pase o que pase, sempre podes contar. Cos que medras como persoa. Son aqueles cos que nunca compites. Os que nunca compiten contigo, nin por ser máis guapa, nin máis lista, nin máis rica, nin máis nada.
Eses amigos son os que nunca che fallan. Os que che queren como eres. Os que coñecen os teus defectos e saben quererte con eles.
Poden ser os de toda a vida ou tal vez amizades máis mozas.
Pero son fieles.
Son os que te animan cando estás triste. Os que son quen de levantarche a moral cando o necesitas. Os que non dubidan en dicirche o especial que ti eres.
Nunca che dan a espalda. Nin te esquecen. Sempre te defenden e non te apuñalan pola espalda.
E despois... están os outros amigos.
Perdón, equivoqueime.
Só hai unha clase de amigos.
,