lunes, 27 de octubre de 2008

CRISE

Corren tempos difíciles. Tempos de crise. Tempos nos que moitas familias teñen verdadeiros problemas para chegar a fin de mes. E mesmo tempos nos que outras moitas familias non son quen de chegar a fin de mes e vense atrapadas en situacións de total desesperación.
Nadie, ninguén pode negar a evidencia dunha crise real que afecta a moitos cidadáns e cidadás deste país e ¿por que non dicilo? , tamén doutros paises do noso entorno.
É certo que o feito de que esta crise sexa internacional, non minimiza dende ningún punto de vista a nosa problemática socioeconómica. O desemprego aumenta moito máis do esperado e a crise financieira se recrudece ,en España, polos efectos producidos polos axustes no sector da construcción.
A situación pinta mal, e mesmo para algúns, non poucos, para todas e todos os que quedan sen traballo, pinta moi, moi mal. Alo menos a curto prazo.
Pero esta crise non ten que ver coa escasez recursos naturais, nin co cambio climático. Ten que ver coa avaricia, coa codicia humana e coa falta de escrúpulos e honestidade.
A codicia desmedida dalgúns que, por enriquecerse enorme e rápidamente, non tiveron escrúpulos en enganar e estafar a medio mundo, ao especular con productos financieros de escaso valor real conseguindo que se revalorizasen dun xeito totalmenete ficticio, irreal.
A avaricia de promotores, constructores e propietarios de terreos, que especularon co chan e co ladrillo ata empobrecernos , dun xeito dramático nalgúns casos, á meirande parte dos cidadán e cidadás deste país.
NON HAI DEREITO