jueves, 5 de marzo de 2009

SUMEMOS O GALEGO

Cantas mentiras. Cantos enganos. Canto medo. Canta desinformación.
Traballo dende hai máis de doce anos no ensino. Son mestra de Educación Primaria. E dende o primeiro ano que empecei a traballar, traballei case exclusivamente en galego. Durante dous mandatos de Fraga e un de Touriño, traballei en galego tanto en Aguiño como na Pobra do Caramiñal e os meus fillos foron escolarizados en galego, sendo ambos castelán falantes ao igual que o son eu.
Nas vilas galegas leva impoñéndose, como din algúns, o galego dende hai moitos anos. E a verdade é que gracias a esas medidas, que eu mesmo ao principio non entendía, é posible que agora toda unha xeración de xoves sexan quen de escribir e falar en galego e en castelán sen problemas.
Non restaron. Sumaron. E agora son LIBRES para elexir a lingua que queren usar en cada momento porque son competentes en ambas linguas.
Síntome orgullosa de que os meus fillos poidan elexir a lingua na que queren expresarse en cada momento ao teren compertencia nas dúas. Agora aspiro a que a teñan tamén en inglés.
Eso, señores e señoras, si que é liberdade.
Sumemos. Restar o galego non é máis que renunciar á liberdade de poder elexir.

Publicado na Voz de Galicia. Cartas ao Director o luns, 06 de marzo de 2008.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Non entendo a palabra "IMPOÑER" cando estamos a falar dunha lingua. E máis se é a nosa.
Porqué os nosos nenos non poder ter as mesmas oportunidades que teñen outros en outras comunidades?
Témola gran sorte de ter unha lingua propia e porqué non aproveitalo?
Queremos que os nenos aprendan inglés e francés, e se fai falla o chino, pero non que se enriquezan ca nosa lingua.
Qué hipócritas!
Por qué desaparecer as galeescolas?
Eso sí, pero a relixión ten que ser obrigatoria.
Feijoo, comezas moi, pero que moi mal.
A liberdade de expresión é un arma moi poderosa, que mellor que poder expresarse en varias linguas.