jueves, 30 de julio de 2009

O préstamo é solidario, pedagoxico e económico.


Esta ex-concelleira socialista, mestra de profesión, quixera aclarar algunhas cousas a todos aqueles que consideran que é unha persoa egoísta e sen valores morales.

1º Dende o meu punto de vista o préstamo é solidario, pedagóxico e económico.
E iso é o que defendo xunto cuns cantos miles de pais e nais na Plataforma Galega Pola Gratuidade.

2º Nestes últimos anos ningunha familia galega tivo que pagar os libros de texto. E non o tiña que facer porque nos centros prestábanlle os libros para todo o curso escolar. Ninguén lles preguntaba pola renda. Nos colexios todos os nenos eran iguais e usaban os mesmos libros. En préstamo.
De feito, o meu fillo este ano usou uns libros que xa foran usados os tres anos anteriores e os libros estaban en moi bo estado.
O préstamo funcionaba e funcionaba moi ben.

3º A partir deste curso, a maioría das familias galegas van ter que pagar polos libros. Só 25 de cada 100 recibirán os libros totalmente gratis, o resto terá que pagar ou a totalidade ou parte do custo dos libros.

4º Sen dúbida, as familias de rendas altas e ,dende logo,todas as que ingresen 75000 euros ou máis poderían pagar os libros dos seus fillos. Pero ¿que facemos coas familias de rendas medias, a maioría das familias galegas, que teñen dificultades para mercar os libros de texto pero que non entran na gratuidade?
A partir de agora todas as familias de 4 membros que ingresen anualmente máis de 22000 euros terán que pagar parte do custo dos libros de texto, libros que, ata o de agora lle saían totalmente gratis.
E as que gañen máis de 36000 terán que pagar pola totalidade dos libros dos seus fillos.

5º O único que se consigue coa gratuidade solidaria que pretende impoñer o PP e aumentar o gasto das familias galegas, nun mes ademais especialmente difícil porque ademais dos libros hai que comprar o material escolar, roupa calzado,etc.

6º A proposta de pagar libros de texto en propiedade a todas as familias que o necesitan é totalmente inasumible polas arcas galegas. E o feito de ter a uns nenos cos libros prestados(os de rendas baixas e medias) mentres os de rendas altas chegan cos seus libros en propiedade podendo facer deles o que lles pete, non parece moi xusta, nin pedagóxica, nin solidaria.

7º Ao final, para que a maioría non teña que pagar polos libros, o mellor é o préstamo para todos. Co préstamo, con cada libro de texto estudan 4 nenos en 4 anos consecutivos.
E funciona, os que o experimentamos sabemos que funciona.

8º O sistema de préstamo non é caro xa que mercar libros en préstamo para todo alumnado galego non sairía máis caro que mercar libros en propiedade para o 25% dos nenos e nenas galegos. É matemática simple.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Resultas moi pesada xa con esta vaina, estás pasada de voltas.

Charo dijo...

Eu entendo que podo resultar pesada. Dende logo non é a miña intención. Os que estamos nesta plataforma, que xa somos uns cuantos defendemos aquelo no que cremos. Non fun eu a que foi á prensa a falar da intimidade de ninguén nin a poñer en evidencia a ninguén. O único que podo facer agora, por respecto a min mesma e á miña familia, é defenderme dos insultos coas únicas armas que teño, os argumentos que me levaron a formar parte desa plataforma.
Sinto resultar pesada, a ninguén lle gusta ser cansino e a min tampouco, pero non defendo máis que aquilo no que creo. Tal vez estea equivocada, nese caso invítoche a que me convenzas, a min e a todos aquelos que pensan coma min.

Charo dijo...

Por certo, se alguén cre que batendo en min conseguirá frenar este movemento, que saiba que eu non son máis que unha entre miles. Podo ser un branco fácil, pero que ninguén pense que debilitándome a min debilitará á plataforma. Somos un colectivo que medra cada día porque moita xente de ideoloxías distintas cre que os nosos argumentos son xustos.
Rexeitar o debate e optar polo insulto e o desprestixio público non demostra máis que quen utiliza ese tipo de recursos non atopa argumentos válidos cos que defender o seus puntos de vista.

eva dijo...

Si señora!!! Parece que temos que enseñarlles o que é o sistema de préstamo. Non te esquenzas : pá tras, nin para coller impulso!!!