domingo, 25 de mayo de 2008

CON SER BONITOS NON CHEGA

Carta publicada na Voz de Galicia. Buzón do lector. 17-06-08

É certo que a Pobra é probablemente a vila con máis encanto da nosa comarca. Polo menos iso cremos a grande maioría dos pobrenses.

É certo que as súas prazas e rúas empedradas, os seus parques e xardíns, os seus paseos a carón do mar unidos á súa beleza paisaxística e o seu enclave, fan da nosa vila unha lugar con un algo especial.

Pero a realidade é que non medramos. Polo contrario a nosa poboación decrece ano tras ano, e a actividade comercial vai a menos.

Xa no nos acordamos daqueles anos nos que a Pobra era unha vila puxante, cabeceira comarcal a nivel comercial. Non nos acordamos daqueles domingos pola mañá coa vila chea de xente e os establecementos hosteleiros a tope. Daquela había mercado o 1º e 3º domingo de cada mes, e a xente viña desde as vilas veciñas a dar unha volta á Pobra. E mentres os papás e os nenos paseaban polos xardíns e tomaban o aperitivo, as mamás daban unha volta polo mercado, a ver que atopaban. Como agora segue ocurrindo en Noia e Padrón.

Pero aqueles eran outros tempos. Os nosos comercios non eran moitos, pero eran grandes e tiñan de todo. E ademáis eran unha referencia en toda a comarca.

Agora nada é así. Non sei se o xermen foi aquela decisión que tomou Pleno Municipal, de renunciar ao dereito de ter a Feria de Gando e o Mercado Municipal os domingos ou se foron outras as razóns do declive do comercio da nosa vila.

En todo caso. Tras anos de declive, o goberno municipal debería ter elaborado un deseño de pobo de futuro, marcándose obxectivos a curto, medio e longo plazo coa finalidade de acadar a prosperidade á que todos aspiramos.

Soamente un goberno curto de miras insiste en priorizar as inversión en obras de embelecemento de rúas e prazas, cando a experiencia demostra que tales actuacións non resolven os nosos problemas máis importantes. Nin vén máis xente a vivir á Pobra, nin se anima máis xente a mercar na Pobra.

Non nos engañemos, con ser bonitos no chega.

Aí vos deixo a miña reflexión coa idea de crear un debate que creo é tempo que teñamos nesta vila.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ao mellor é que non é fácil dar coa soulución. Non hai receitas máxicas. É fácil criticar, o difícil e atopar as solucións axeitadas-

Charo dijo...

Son os gobernos os que teñen que buscar esas solucións, para eso contan con moita axuda: técnica, económica, administrativa...
De todos os xeitos o resto dos cidadáns podemos opinar e mesmo tratar de dar ideas(algunha poden valer e outras non).
Se antes antes de renunciar ao mercado dos domingos o comercio era puxante, está claro que o reclamo é importante. Só hai que ir a Riveira os sábados ou a Noia os domingos para darse conta a importancia que ten o mercado no desenvolvemento do comercio. Probablemente a volta ao mercadillo dos domingos xa non é posible ou mesmo non é unha idea compartida pola maioría. De non ser posible, trataríase de buscar outro tipo de reclamos que inviten á xente a achegarse á Pobra ou mesmo e preferiblente, a vivir na Pobra.
Eu, por exemplo, consideraría un bo reclamo a oferta de servicios de calidade que fixeran que persoas que traballan na zona e viven, por exemplo en Santiago, poideran optar por quedarse a vivir aquí. Pero para que iso ocurra teríamos que invertir decidídamente en servicios de todo tipo que facilitaran e melloraran a calidade vida das familias.Ser unha alternativa a Santiago suporía invertir en educación, encultura, en deportes, en altenrnativas para a xuventude, en ocio, en medioambiente...

Anónimo dijo...

O noso alcalde decidiu, (sen contar co pobo), que este tiña que ser lugar dedicado soamente ó turismo.
Durante a tempada de outono e inverno, este é un pobo morto, sen comercio, sen alternativas,... pero eso sí, cando chega o verán, todo cambia.
A Pobra necesita un empuxón comercial ¡xa! Todos os negocios que se montan, agás os bares, acaban por pechar. Eu creo que hai que preguntarse o porqué e non pechar os ollos.
En vez de pedir subencións, unha tras outras para facer prazas e xardíns, que expriman a cabeza e pidan cartos para axudar ó pequeno comercio, como por exemplo, que se lle pague unha parte do aluguer do local; promocionar o comercio dende o concello, con anuncios na prensa, na tele; intentar que a xente merque no noso pobo.

En fin, hai que buscar ideas e poñer fin a este deterioro do pobo, porque acabaremos facendo a compra en Boiro ou en Ribeira por falta de comercio.