jueves, 8 de enero de 2009

ASSISTANTES MATERNELLES

En Francia existen alternativas moi interesantes ás garderías infantís. Son as chamadas Assistentes Maternelles.

En Francia, ademais da garderías infantís, existen outras alternativas para axudar ás familias no coidado dos cativos. Son as chamadas Assistantes Maternelles.
Algunhas familias optan por este tipo de servicios e deixan aos seus fillos e fillas ao coidado destas "assistentes" que están acreditadas e coa formación axeitada para atender a cativos de 0 a tres anos e cuxos domicilios deben cumprir uns requisitos oficiais no referente a seguridade, saúde, hixiene...
Este tipo de solucións crea postos de traballo e aposta pola conciliación laboral e familiar.
A atención dos cativos é moito máis personalizada que nunha gardería, xa que o número de nenos e nenas a cargo da "assistante" está limitado a tres ou catro, dependo dos casos, e por outro lado é unha maneira de crear máis postos de traballo.
Ademais aposta pola conciliación da vida laboral e familiar xa que en moitos casos as persoas que optan por coidar outros nenos e nenas no seu domicilio atenden ao mesmo tempo aos seus propios fillos, en moitos casos bebés.
Dende o meu punto de vista é un tema moi interesante. Non sei se podería ser extrapolable tamén a Galicia.
Carta publicada en Cartas ao Director na Voz de Galicia o 22 de xaneiro de 2009.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

No se si en Galicia podría llevarse a cabo ese tipo de trabajo, dado que habría que formar a la gente y eso requiere dinero y tiempo. Aunque yo estaría totalmente de acuerdo.
Lo que si me gustaria saber, es tu opinión acerca de ubicar la guardería pública de A Pobra en el polígono de A Tomada.
No creo que sea el lugar adecuado, dado que estaría rodeada de empresas de las que amenudo salen malos humos, pero por otra parte, para la gente que trabajamos allí, y que somos muchos, sería muy cómodo. Dado que nada más salir de trabajar, podrías recoger a tu niño, sin tener que depender de nadie más. Y para entrar al trabajo sería lo mismo.
Está claro, que en la sociedad en la que vivimos, en la que no tenemos tiempo para nada, tener el lugar donde tu hijo permanece durante el tiempo que estás trabajando cerca de ti, es un alivio.

Anónimo dijo...

Hai un porcentaxe de xente que ten a suerte de que os seus pais o sogros coiden dos seus fillos.
Os que non teñen esa sorte, teñen que envialos a garderías, na maior parte dos casos, privadas que lle custan un pico ó més.
Galicia creo que peca bastante neste aspecto. Créese que tendo avós, xa está todo arranxado.
Está claro que se non o podes coidar ti, con quen vai estar mellor que ca súa familia. Pero con este tipo de asistentes teríamos a posibilidade de que os nosos fillos tiveran unha atención personaliza e á misma vez, aprender a convivir con outros nenos.
Está claro que esto vainos costar cartos, dado que teríamos que formar a todas as persoas que quixeran ocupar estes traballos e adecuarlles os seus domicilios, pero creo que sería unha boa maneira de aunar atención e aprendizaxe social dunha vez, e esto agradeceranolo os nosos fillos e os nosos pais.