jueves, 25 de septiembre de 2025

A Pobra do Caramiñal. A vivenda a debate.

BORRADOR PARA DEBATE

Proposta para a creación dun plan municipal de vivenda en réxime de alugueiro social no concello da Pobra do Caramiñal

Introdución

O Concello da Pobra do Caramiñal enfróntase a unha situación complexa no ámbito demográfico e residencial. Por unha banda, constátase unha perda continuada de poboación, acompañada de serias dificultades para que a mocidade e as familias novas accedan a unha vivenda en alugueiro a prezos accesibles. Esta realidade provoca que persoas con fortes vínculos familiares, sociais e laborais no municipio se vexan obrigadas a instalarse noutros concellos.

Por outra banda, o Barbanza está a converterse nun territorio atractivo para persoas procedentes doutras zonas de Galicia, doutras comunidades e mesmo doutros países, que buscan asentarse aquí. Esta chegada supón unha oportunidade para frear o despoboamento e fortalecer a diversidade social, mais require dunha oferta suficiente de vivenda que permita ás novas familias integrarse na comunidade.

Neste contexto, é urxente que o concello desenvolva un Plan Municipal de Vivenda en Réxime de Alugueiro Social que combine diferentes medidas: a creación dun parque municipal de vivenda social, a mobilización de vivenda baleira, o apoio á rehabilitación de inmobles e a posta en marcha de axudas directas ao alugueiro para familias novas con fillos, co fin de favorecer tanto a permanencia da poboación local como a chegada e integración de nova veciñanza.

O obxectivo último é garantir o dereito a unha vivenda digna e adecuada (artigo 47 da Constitución Española), contribuíndo á cohesión social, á conciliación familiar e á revitalización demográfica e económica da Pobra do Caramiñal.

Oxectivos

1.    Crear un Parque Municipal de Vivenda en Réxime de Alugueiro Social, con especial prioridade para a poboación nova e familias con arraigo no municipio.

2.    Incentivar a mobilización de vivenda baleira existente no concello, en mans de pequenos propietarios, para destinala a alugueiro residencial.

3.    Reforzar a cohesión social e contribuír á fixación de poboación no municipio.

4.    Promover a rehabilitación do parque de vivenda existente, mellorando a súa eficiencia enerxética e accesibilidade.

Liñas de actuación

            Liña 1. Creación dun Parque Municipal de Vivenda Social

·         Compra directa de vivendas de segunda man en bo estado ou en proceso de rehabilitación, con cargo a fondos municipais e/ou subvencións autonómicas/estatais.

·         Solicitude de colaboración co IGVS para a cualificación das vivendas como protexidas e para a súa xestión coordinada (se se considera necesario).

·         Posibilidade de convenio para que a xestión se faga polo IGVS ou polo propio Concello, garantindo sempre procedementos de adxudicación públicos e obxectivos.

            Liña 2. Mobilización de vivendas baleiras

·         Campaña local de información e sensibilización para propietarios de vivendas baleiras sobre as vantaxes de poñelas no mercado de alugueiro.

·         Posta en marcha dun programa municipal de intermediación en alugueiro, con:

o   Seguro de impagos cuberto polo concello.

o   Axudas á rehabilitación e mellora da vivenda para destinala a alugueiro.

o   Convenios cos propietarios garantindo alugueiros sociais estables.

            Liña 3. Apoio á rehabilitación de vivendas para destinalas a alugueiro social

O Concello da Pobra do Caramiñal difundirá e facilitará información sobre  as  convocatorias de axudas á rehabilitación de vivendas convocadas pola Xunta de  Galicia a través do IGVS

De xeito complementario, habilitarase un punto de atención municipapara  orientar  ás persoas interesadas na busca de información, derivándoas cando sexa preciso ao IGVS, que é o organismo competente para a   tramitación destas axudas.

            As accións concretas a desenvolver serán:

            Información e difusión:

Ø  Publicación en medios municipais (web, redes sociais, bandos, taboleiros) das convocatorias de axudas.

Ø  Organización de sesións informativas para veciños e propietarios.

            Acompañamento técnico:

Ø   Habilitar un servizo municipal de apoio para orientar na tramitación das solicitudes ao IGVS (cubrimento de formularios, revisión de documentación, envío telemático).

Ø  Priorizar a captación de vivendas baleiras susceptibles de destinarse a alugueiro social tras a rehabilitación.

            Colaboración institucional:

Ø    Solicitar ao IGVS a posibilidade de asinar un convenio de colaboración, que permita ao concello actuar como entidade colaboradora na difusión, recollida e seguimento de solicitudes.

Ø    Explorar a creación dun fondo municipal complementario, co que o concello poida engadir unha axuda adicional ás persoas propietarias que rehabiliten vivendas para dedicalas a alugueiro social no termo municipal.

            Liña 4. Axudas municipais ao alugueiro para familias novas con fillos

Co obxectivo de favorecer o asentamento de poboación nova no municipio   e   apoiar   a conciliación familiar, o Concello da Pobra do Caramiñal creará unha liña de axudas       directas ao alugueiro para familias con fillos e fillas menores ao seu cargo.

 Estas axudas terán carácter complementario ás convocadas pola Xunta de   Galicia    a través do IGVS, de maneira que non se solapen senón que    reforcen a súa          eficacia.

            Os principios básicos desta liña serán:

Ø  Beneficiarios: persoas ou unidades familiares empadroadas na Pobra cunha antigüidade mínima (ex. 1 ano), con fillos/as menores de idade ao seu cargo.

Ø  Condicións económicas: ingresos limitados (ata x veces o IPREM ou segundo se acorde en pleno), dando prioridade a situacións de vulnerabilidade.

Ø  Vivenda obxecto da axuda: debe tratarse de vivenda habitual en alugueiro, con contrato legal en vigor e fianza depositada no IGVS.

Ø  Importe da axuda: unha contía mensual ou anual a tanto alzado (cantidade fixa única, independente do que gaste ou cobre a persoa beneficiaria), que se establecerá en función da dispoñibilidade orzamentaria do concello.

Ø  Convocatoria pública e transparente, con baremo obxectivo (criterios de ingresos, número de fillos/as, situación de vulnerabilidade, etc.).

            Mecanismos de xestión

Ø Aprobación plenaria da posta en marcha do Plan Municipal de Vivenda en Alugueiro Social.

Ø Creación dunha liña orzamentaria específica nos presupostos municipais para adquisición e rehabilitación de vivendas.

Ø   Solicitude formal ao IGVS de colaboración técnica e financeira (se procede).

Ø   Establecemento dun Regulamento Municipal de Acceso ás Vivendas Sociais, que garanta:

o   Criterios de prioridade para persoas empadroadas ou con vínculos familiares/laborais no municipio.

o   Transparencia e obxectividade na adxudicación.

o   Compatibilidade co Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia cando se trate de vivenda protexida oficial.

o   Criterios de prioridade para persoas empadroadas ou con vínculos familiares/laborais no municipio.

o   Transparencia e obxectividade na adxudicación.

o   Compatibilidade co Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia cando se trate de vivenda protexida oficial.

            Beneficios esperados

  • Incremento inmediato da oferta de vivenda en alugueiro asequible no municipio.
  •  Retención da mocidade e fixación de novas familias na Pobra.
  •  Redución do número de vivendas baleiras, poñendo en valor o parque xa existente.
  •  Reforzo da cohesión social, dinamización económica local e contribución á sustentabilidade ambiental mediante rehabilitación enerxética.
  •  Apoio directo ás familias novas con fillos, reducindo o esforzo económico que supón o alugueiro.
  •  Fomento da conciliación e estabilidade familiar, creando condicións máis favorables para a crianza no municipio.
  •  Retención e atracción de poboación nova, que é o segmento que máis emigra por falta de vivenda accesible.
  •  Incremento da cohesión social, ao complementar as outras medidas estruturais (parque municipal, mobilización de vivenda baleira e rehabilitación). 

O futuro non está escrito: decidímolo nós


Tanto los problemas de la energía fósil como las consecuencias del cambio climático apuntan a la necesidad de un cambio profundo en nuestra forma de vivir.
La energía fósil, que ha sostenido el crecimiento económico global, está entrando en declive. Los yacimientos baratos se agotan y mantener la producción exige cada vez más inversión. Además, su uso es la causa principal del cambio climático y la degradación ambiental.
De hecho, el cambio climático ya no es un escenario futuro, sino una realidad presente: olas de calor, sequías, inundaciones, pérdida de cosechas, migraciones forzadas y conflictos por los recursos. Cada año que retrasamos las decisiones necesarias, aumentamos el coste humano, ecológico y social.
Necesitamos un cambio profundo en nuestra manera de vivir, especialmente en el norte global: consumir menos para vivir mejor. Apostar por energías renovables, economías locales y resilientes, servicios públicos fuertes y bienestar medido no en términos de consumo material, sino en salud, tiempo, comunidad y estabilidad ecológica.
Pero gobiernos y élites económicas se resisten porque ese cambio pondría en cuestión su poder. Las guerras y el rearme son la expresión más clara de esa resistencia: en lugar de transformar el modelo, lo refuerzan con más control y más violencia.
El futuro no está escrito: podemos seguir atrapadas en un modelo que nos lleva al colapso, o podemos tener el coraje de transformarlo desde nuestros pueblos y ciudades, implicándonos en la vida común y construyendo comunidades más justas, sostenibles y cuidadoras. El momento de decidir no es mañana: es ahora, y empieza con nosotros.
 

domingo, 17 de abril de 2022

AGRO SOBRE DA FONTE

Foi o meu pai o que empezou. Foi el que cavou a primeira horta no Agro sobre da Fonte da Devesa (que é así como se chama a nosa finca, que antes foi súa). Todo a sacho, con moito esforzo; pero tamén con moitas ganas e ilusión. Que ricos os seus primeiros tomates e pementos, xa nunca houbo outros máis saborosos que aqueles. É marabilloso para min recordar eses momentos inesquecibles da nosa vida. Momentos que non van volver; pero que están gravados na miña memoria e no meu corazón para sempre. 

 Pois si, foi o meu pai o que nos meteu o “gusaniño” de cultivar a horta; o problema é que nós non tiñamos moito tempo para dedicarlle. E foi Alberto quen, co “gusaniño dentro” empezou a buscar formas de cultivo máis adaptadas ás nosas posibilidades. E así dou co cultivo en bancais. Ao principio empezamos probando discretamente, cun só bancal. Enseguida vimos que o traballo en bancais era moito máis asumible para nós. Agora temos seis ( e estamos pensando en aumentalos), nos que plantamos distintas verduras e hortalizas en distintas épocas do ano. Xa non sachamos, a terra non se pisa e está normalmente branda. No inverno, se descansan, os tapamos con cartóns e non se enchen de malas herbas. Co compost que facemos coa materia orgánica do resto das cortas, podas e alimentos, melloramos a calidade da terra para que sexa mellor e máis produtiva. 

 Ultimamente comparto en redes sociais fotos da nosa pequena horta co obxectivo de animar a quen ten a posibilidade e o está pensando, a que se decida. Vale a pena, e máis nos tempos que corren, onde parece que nada é seguro. 

 

 










sábado, 16 de abril de 2022

REFLEXIÓNS NOS DÍAS DE SEMANA SANTA

 

"Un mandamiento nuevo os doy:  Que os améis unos a otros; como yo os he amado, que también os améis unos a otros. En esto conocerán todos que sois mis discípulos, si tuviereis amor los unos con los otros" (Juan 13:34-35).

Hai anos que non participo nas procesións de Semana Santa. De nena, mesmo de moza, participaba sempre. Recordo vestirme de Margarita Alacoque na procesión do Caramiñal do venres de Dolores ou de Marta na procesión do Santo Enterro. Tamén recordo participar na lectura da Pasión no Viacrucis. Canta dor e canto amor ao mesmo tempo.

Tamén hai tempo que non rezo. Non é que rezara moito de nena, sempre fun máis de falar que de repetir oracións. Pero se Deus non escoita a tanta xente que sofre - nenos e nenas, mulleres, homes- tampouco vai escoitarme a min. Por que ha de escoitarme a min? Quen son eu? Non sería xusto.  E eu creo nun Deus xusto.

Un Deus xusto que non interfire nas nosas vidas; pero que as mira de preto. Un Deus capaz de perdoar a traición, capaz de perdoar os maiores actos de maldade e  crueldade. Un Deus de puro Amor.

Hai tempo que concluín que o máis importante de todo, e o que está antes da nada, está contido nunha soa palabra: Amor. Aí está a clave,  a clave da vida e tamén a clave da vida despois da vida.

Pero que difícil é amar ós nosos semellantes! Que difícil é perdoar e pedir perdón. Que difícil é apartar o orgullo das nosas vidas para querernos e axudarnos, para ir máis alá da nosa propia humanidade. Que difícil é desprendernos aínda do que nos sobra para compartir con quen non ten. Que difícil mirar ás persoas alleas (alleas á nosa familia, ós nosos amigos, á nosa cultura, á nosa raza, á nosa forma de entender a vida,..) con Amor. Que difícil é seguir o camiño que Xesús marcou para todos e todas nós.

Practicar o verbo Amar é dificilísimo. Amar faise, moitas veces, mesmo imposible.

Como dicía, hai tempo que non vou ás procesións de Semana Santa; non por nada, ou tal vez  porque xa non me aportan o que me aportaban nos meus tempos mozos – as vivía con devoción- . Sinto que nin as procesións nin os cultos relixiosos tocan xa a miña fibra máis espiritual; sen embargo,  sigo no camiño marcado, o de conxugar o verbo máis difícil, ese que move o espírito máis profundo, o verbo amar.  Con traballo, éche ben certo; pero andando. A ver si andando, fago o Camiño.

lunes, 24 de marzo de 2014

ELLAS

Frágiles 
En eterna búsqueda.
La  vida fracturada.
Fragmentos frenéticos.
Tal vez   francos,   frescos y  fructíferos.
Y tantas veces también  fríos y solitarios.

Fuertes
En eterna lucha.
Milicianas. Activas frente a la vida.
Sin miedo.  Respetadas  y  amadas.
A veces,  incluso odiadas.
Cálidas y tiernas, las miradas. 
Sinceras y seguras.

Respirando al compás….profundo, en paz.