domingo, 5 de abril de 2009

CASA DA XUVENTUDE

Casa da xuventude de Vigo




A través do blogue do IES da Pobra (http://atabarradixital.blogaliza.org/) pódese apreciar gran parte do talento dos xoves e das xoves do noso concello.Entre eles e entre elas hai: escritores, poetas, científicos, debuxantes, fotógrafos, deseñadores, músicos, deportistas…. Son tantas as súas inquietudes!Teñen tanto que aportar!!!Cada ano que pasa faise máis necesario un lugar que se constitúa no punto de encontro e centro de información da nosa xuventude.Un lugar que proporcione espacios de interrelación e de dinamización sociocultural entre a nosa población xuvenil.Un lugar a través do que a xuventude poda implicarse na programación das súas propias actividades de ocio e tempo libre.Un lugar que favoreza a participación xuvenil a través do fomento ao asociacionismo xuvenil.

Unha CASA DA XUVENTUDE para a Pobra do Caramiñal.Hai xa varios anos, algúns críamos que na antiga Ayundantía de Marina, algún día, se ubicaría a tan desexada por moitos ”Cada da Xuventude”. E de feito, cando o goberno da Pobra decidiu derrubar o edificio e construir no seu sitio o Centro para Atención Integral á Discapacide (CAD), tiven unha dobre sensación. Por un lado, pareceume unha boa idea que a Pobra contase cun centro integral para discapacitados, pero por outro lado, lamentei moitísimo que se derrubara un edificio que xa formaba parte da historia da nosa vila e que tan ben podería convertirse no cada vez máis imprescindible punto de encontro da nosa xuventude.É certo que son moitas as necesidades. Os nosos nenos esperan por unha gardería municipal e o centro de día debería estar xa atendendo aos nosos maiores.Pero non é menos certo que, no noso concello, temos á xuventude totalemente abandonada.


Non lle aportamos absolutamente ningunha solución aos seus problemas. Queixámonos de que andan polas rúas e plazas sen saber moi ben que facer, pero tampouco lles facilitamos espacios nos que se relacionar. Espacios nos que poidan desenvolver as súas iniciativas e as súas ideas. Espacios que lles axuden na construcción da súa propia identidade dentro da sociedade á pertencen.Na Pobra non existe política de xuventude. É hora de que empecemos a dar resposta ás súas demandas. É hora de que os escoitemos e descubramos canto teñen que aportar á nosa sociedade.













Publicado o día 14 de abril de 2009 no  "Buzón del Lector" . Voz de Galicia Edición Barbanza 

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hai un edificio antigo na Pobra que faría unha estupenda casa da xuventude. Trátase da Casa da Cadea, situada entre o Cristo do Pichón e o Paseo dos Areais. Falouse do traslado da súa fachada a carón da casa do concello, cando se fixeron as obras de ampliación, pero finalmente optouse por un estilo más moderno e de dubidosa estética. Sería bonito poder recuperar esta construcción do século XVIII (outrora cárcere do señorío de Xunqueiras e actualmente unhas ruinas propiedade do concello) e, de paso, darlle un fin que tanto o inmoble coma a mocidade da vila se merecen.

charo dijo...

Dende o meu punto de vista sería unha estupenda ubicación. É unha boa idea.Pero non estou segura de que o concello sexa propietario do inmoble. Creo recordar que só se mercara a fachada.
En todo caso, a construcción ou reconstrucción dun inmoble leva o seu tempo, e estando en época de crise e tendo aínda tantas necesidades por atender (gardería ou centro de día), seguro que se fará de rogar.
¿Por que non apostar, mentras tanto, polo uso da Casa de Raquel Soler como Casa da Xuventude da Pobra?
As obras de adaptación que habería que realizar son mínimas e son instalacións que xa contan con persoal.
Sería un bo punto de partida para emnpezar a traballar o asunto.