Artigo publicado co título "Novos servicios na Pobra" na Voz de Galica. Buzón del Lector. Barbanza. 05 de maio de 2009.
Hai algunhas semanas lía na Voz de Galicia que a preocupación máis grande do alcalde da Pobra era solicitar da Xunta a construcción dun novo centro de saúde. Un máis novo, máis bonito e máis moderno.
A verdade é que sorprende moito que esa sexa a súa primeira e máis importante reivindicación ao recén estrenado goberno da Xunta.
Realmente ...é esa unha obra prioritaria???
Dende o meu punto de vista, non se entende a insitencia do alcalde en refacer noutro solar o centro de saúde.
E non se entende porque, a día de hoxe, aínda non conseguiu nin a financiación, nin a ubicación axeitada para a Gardería Municipal, servicio de 1ª necesidade para moitas familias do noso Concello.
Porque non se lle oeu un só comentario sobre cando vai comezar a construcción do moi necesario Centro de Día da Pobra. Sen dúbida, as familias con maiores dependentes a cargo, sentiríanse moito máis tranquilas se poideran contar, a curto prazo, cun centro no que os seus maiores se mantiveran ocupados realizando actividades adaptadas á súa idade e problemática baixo a vixiancia e atención de persoal especializado.
Porque os nosos xoves non dispoñen de instalacións nas que reunirse, nas que poder levar a cabo á súas inquedanzas e proxectos. Non temos nin proxectada unha Casa da Mocidade.
NON, O CENTRO DE SAÚDE NON É UNHA INVERSIÓN NIN IMPRESCINDIBLE NIN URXENTE..
Porque xa temos un centro de saúde que funciona.
E porque xa levamos moitos anos de retraso.
Sr alcalde, céntrese no seu traballo, adíquese a mellorar realmente a calidade de vida das familias da Pobra e déixese de tolerías.
Os pobrenses, a día de hoxe, temos necesidades máis urxentes que un novo centro de saúde, máis bonito e máis moderno. O que queremos é que o noso centro de saúde funcione co persoal e os servicios sanitarios necesarios.
PERO...ESTE É O MOMENTO DA GARDERÍA E DO CENTRO DE DÍA, e o de dar respostas ás necesidades da nosa MOCIDADE.
Sr, alcalde, NON SE DESCENTRE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario