sábado, 11 de abril de 2009

APOSTEMOS POLA CASA DA XUVENTUDE

Publicada o 30 de abril de 2009. Voz de Galicia. Buzón do lector.




Preguntábame onte unha amiga por que considero necesaria unha casa da xuventude para a Pobra.


Eu sorprendinme coa pregunta. Pensaba_craso error- que as razóns eran obvias. Equivoqueime.


Evidentemente a miña experiencia como nai de familia, ademais de, probablemente, o meu traballo como mestra na vila, fan que teña un interese especial pola xente nova.


No día a día observo como os e as adolescentes da Pobra deambulan polas rúas sen saber moi ben que facer. Están sentados nas escaleiras e nos bancos das prazas charlando e matando o tempo.


Se queren ir xogar ao tenis, ao fútbol ou ao que sexa teñen que ter pedido o espacio con antelación. Máis alá das actividades deportivas propostas polos distintos clubes pobrenses, non existe ningunha alternativa para os xoves e as xoves da Pobra. Non lles ofertamos nada e nos queixamos de que non fagan outra cousa que andar polo medio.



Pero realmente a nosa xuventude ten moito que aportar. Está moi desaproveitada. Apasiónase, sobretodo, polas novas tecnoloxías e polas artes. A nosa mocidade é moi creativa e disfruta experiementando coa pintura, a música, a fotografía, o deseño, o teatro, a poesía...



Cómpre que empecemos a a tela en conta.



E tela en conta significa contar con ela no deseño das actividades que lle interesan. Supón crear un espacio, que sintan como seu, no que poidan levar a cabo gran parte das súas ideas ao mesmo tempo que disfrutan do seu tempo de ocio. Un lugar que se convirta na súa sala de reunións, no lugar onde deseñar os seus un proxectos, no lugar no que expoñer os seus traballos, as súas obras. No lugar onde atopar información sobre calquera tema que lles interesa. En definitiva, un lugar pensado por e para eles. No que poidan medrar como persoas responsables e comprometidas coa sociedade. Un lugar que lles sirva de estímulo no seu espíritu creador.



Apostar pola xuventude significa apostar por nós mesmos como sociedade e polo noso futuro como comunidade.



Unha casa da xuventude é moito máis que unha infraestructura para reunirse cos amigos ou botar unha partida de cartas ou de monopoli (aínda que este uso tamén é posible e necesario). Unha casa de xuventude constitúese nun centro dinamizador de cultura e creatividade.



(Na entrada do día 5 de abril aparece un comentario relativo á posible ubicación da casa da xuventude).




3 comentarios:

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Unknown dijo...

Síntoo. Por error eliminei o comentario e non puden recuperalo.

Unknown dijo...

Totalemente de acordo contigo,
pero debe de ser algo feito por eles, ó seu gusto.. e que motive os seus intereses.non fai falla un cetro con moitas cousas, solo un espacio amplo no que podan decidir o que queren facer, "cultura suburbana" ;o)
Ainda queda en pé o do instituto, pero ultimamente teño moi pouco tempo, un saúdo
Helena